Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Cubela e a Consellería de Educación buscan unha solución urxente para que...

Cubela e a Consellería de Educación buscan unha solución urxente para que todos os demanantes do comedor escolar do Instituto obteñan praza

- Anuncio -

• O alcalde traballa na liña de contratar un axudante de cociña para poder atender en perfectas condicións os mozos e mozas escolarizados demandantes do servizo de comedor

O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, traballa man a man con responsables da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na búsqueda dunha solución urxente e satisfactoria que permita que todos os alumnos demandantes do comedor escolar obteñan praza.

As xestións que está dirixindo o alcalde ante os responsables da Consellería xiran en torno a contratación dun auxiliar de cociña que poida garantir a axeitada atención aos alumnos que están á espera de obter praza no comedor escolar do Instituto de Cotobade.

Segundo manifestou o alcalde, Jorge Cubela, “é unha situación para a cal estamos buscando unha solución urxente e axeitada para que ninguén se quede sin este servizo de comedor escolar. Esta circunstancia, que imos resolver o máis axiña posible, pon de manifesto que o crecemento poboacional que está a experimentar o noso concello, sobre todo despois destes anos da pandemia da Covid-19 onde se detectou un movemento de xente ás zonas rurais, vén a ratificar que a xente aposta por virse a vivir aquí porque temos uns servizos e unha calidade de vida que atrae a novos residentes creando tamén novas necesidades de escolarización superando, incluso, as previsións máis optimistas. Pero hai que ter tranquilidade e a máxima confianza porque o problema vaise resolver”, indicou o alcalde de Cerdedo-Cotobade.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas