HomePontevedraCubela: “É decisión política elixir a que colectivos se apoia, e esta...

Cubela: “É decisión política elixir a que colectivos se apoia, e esta Deputación non quere atender as reclamacións das agrupacións culturais da provincia”

- Anuncio -spot_img

● Recorda que estas agrupacións acoden ao grupo popular porque no Bipartito ninguén os recibe e non teñen a quen trasladarlle as súas necesidades: “Somos a súa voz neste pleno”.


● “Para o Goberno provincial todo está no Plan Concellos, e debería saber que hai cuestións que non se poden incluír nel por moito que os concellos queiramos”.

O voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Jorge Cubela, lamentou hoxe que PSOE e BNG rexeitasen apoiar economicamente ás agrupacións culturais da provincia cunha liña de axudas para adquirir ou renovar as súas vestimentas e instrumentos, “uns materiais imprescindibles, que supoñen un gasto moi elevado e inasumible en moitas situacións”.

Foi durante o pleno provincial da Deputación de Pontevedra que se celebrou esta mañá, na que os populares levaron defenderon unha moción para dar apoio económico a uns colectivos “que teñen un papel fundamental non só na promoción da nosa cultura, senón como dinamizadores para recuperar a nosa tradición”.

O popular criticou que “PSOE e BNG intentaron xustificar politicamente o seu non a esta moción, e é difícil facelo, porque o único que está claro é que é unha decisión política elixir a que colectivos se apoia, e esta Deptuación non quere atender as reclamacións das agrupacións culturais da provincia”. Así, recordou que cando o Partido Popular gobernaba na Deputación, si había convocatoria de axudas para instrumentos e vestiarios, “e agora non as hai porque non lles dá a gana, porque lles dá igual apoiar ou non a estes colectivos”.

Ademais, lamenta que “cando lles din algo que non lle gusta, este Bipartito sufre de amnesia e receita o Plan Concellos, que é como unha aspirina que lles sirve para todo. Para o Goberno provincial todo está no Plan Concellos, e debería saber que hai cuestións que non se poden incluír nel por moito que os concellos queiramos”.

Por último, recordou que estas agrupacións acoden ao grupo popular porque no Bipartito ninguén os recibe e non teñen a quen trasladarlle as súas necesidades: “Somos a súa voz neste pleno”.

Publicacións Relacionadas