HomePontevedraCubela esixe á Deputación que priorice as necesidades do sector hostaleiro ante...

Cubela esixe á Deputación que priorice as necesidades do sector hostaleiro ante as directrices políticas do seu partido

- Anuncio -spot_img

“É difícil de entender que non lles vaia este modelo que, sen embargo, si lles vale ás Deputacións da Coruña e de Ourense, e que continúen retrasando unhas axudas que son urxentes”.
“É momento de que deixen de botar balóns fóra, todas as administracións deben sumar porque sen estas axudas moitas persoas xa non van poder seguir cos seus negocios”.

O voceiro do grupo provincial do Partido Popular de Pontevedra, Jorge Cubela, esixe á Deputación de Pontevedra que deixe de antepoñer os intereses partidistas do PSOE ás reclamacións e necesidades dos hostaleiros, e que acepte a petición do propio sector para que sexa a Xunta de Galicia quen xestione os fondos.

“É difícil de entender que non lles vaia este modelo que, sen embargo, si lles vale ás Deputacións da Coruña e de Ourense, e que continúen retrasando unhas axudas que son urxentes”, cuestiona, e recorda que ir en contra deste modelo é ir contra os propios hostaleiros que son quen piden que o xestione a Xunta, porque dá máis axilidade e quita burocracia, e xa demostrou a súa eficacia repartindo o primeiro plan de rescate do Goberno galego en 90 días.

Cubela lamenta que o Goberno provincial leve catro meses rexeitando axudas directas aos autónomos e pemes da provincia, e agora parece que continúa buscando escusas para seguir sen repartir un só euro ao sector. “Primeiro dicían que non tiñan competencias e que non podían aprobar axudas, e agora xa piden o 1%. É momento de que deixen de botar balóns fóra, todas as administracións deben sumar porque sen estas axudas moitas persoas xa non van poder seguir cos seus negocios”.

Ademais, recorda que neste segundo plan, a Xunta de Galicia vai poñer 75 millóns de euros, que xunto aos 86 millóns de euros do primeiro plan supón o 1,4% do seu orzamento en menos de tres meses. “E o que van poñer entre as catro deputacións supón algo máis de cinco millóns de euros”, engade. Polo tanto, de cada 100 euros, a Xunta pon 93,5 euros e as deputacións 6,5 euros.

Publicacións Relacionadas