HomePontevedraPontevedraCubela estudia facer un aparcadoiro xunto ao instituto de Tenorio e a...

Cubela estudia facer un aparcadoiro xunto ao instituto de Tenorio e a ampliación da senda peonil ata o centro educativo

- Anuncio -spot_img

Preténdese retirar os vehículos estacionados na plataforma viaria onde xiran os autobuses e mellorar ese entorno
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, desprazouse na compaña de técnicos ata as inmediacións do instituto de Tenorio co fin de estudiar alternativas para construir na explanada alí existente un aparcadoiro que permita liberar a plataforma viaria onde xiran os autobuses da presenza de vehículos e ordenar o seu estacionamento nesa zona.
Ademais, o alcalde aproveitou a presenza alí dos técnicos para levar a cabo medicións que permitan estudiar a continuidade, a través dunha segunda fase, da senda peonil que vai desde a N-541 bordeando o colexio e o pavillón de deportes, dando acceso ás pistas polideportivas, co fin de aumentala ata o instituto de Tenorio.
Jorge Cubela insistiu na necesidade de continuar desenvolvendo accións sostibles e coordinadas para ir humanizando e mellorando lugares do municipio frecuentados ou transitados pola veciñanza coa intención de gañar en seguridade viaria para os peóns e tamén facilitar un embelecemento do aspecto e a imaxe deses lugares.
Cubela remitiuse agora ás distintas alternativas que ofrezan os técnicos para seguir desenvolvento este proceso de humanización nesta zona de Tenorio especialmente caracterizada pola presenza de viandantes, escolares, persoas que se achegan para realizar diversas prácticas deportivas ou mesmo pasear.
“Agora serán os técnicos os que nos ofrezan as súas alternativas e fagan os proxectos, pero o que está claro é a nosa vontade de seguir co proceso de humanización dos espazos públicos no municipio, tanto en zonas de alta concentración humana como noutros lugares do rural que polas súas características así o demanden. A nosa vocación é poñer en valor os
espazos que temos desde un punto de vista do uso racional, sostible e funcional, sen esquecer o entronque harmónico co entorno e o respecto ao medio ambiente. Nesa liña estamos agora estudiando ese aparcadoiro xunto ao instituto e tamén ampliar, cunha segunda fase, a senda peonil ata ese centro educativo de secundaria”, indicou o alcalde Jorge Cubela.

Publicacións Relacionadas