HomeTabeirósCerdedo - CotobadeCubela explora coas comunidades de O Sangal e Alto do Seixo iniciativas...

Cubela explora coas comunidades de O Sangal e Alto do Seixo iniciativas para poñer en valor o monte veciñal

- Anuncio -spot_img

• O alcalde ofreceuse a canalizar proxectos e actuacións que redunden no beneficio e nos intereses colectivos da veciñanza

O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e a tenente de alcalde Lourdes Ovelleiro recibiron ás directivas das comunidades de montes de O Sangal, presidida por José Antonio Monteagudo, e do Alto do Seixo, que dirixe José Luis Jorge, pertencentes ao territorio de Cerdedo, para explorar vías de colaboración para poñer en marcha iniciativas tendentes a valorizar o monte veciñal.

Os comuneiros interesáronse polas liñas de axuda e os proxectos impulsados pola Consellería de Medio Rural para a recuperación de terras abandonadas ou pasto de incendios forestais como son os proxectos das Aledas Modelo ou os Polígonos Agroforestais ou gandeiros.

Jorge Cubela trasladoulles as experiencias positivas que se están levando a cabo con outros lugares do municipio para a posta en marcha de Aldeas Modelo como a de Mouteira-Parada de Cerdedo, a creación do polígono agrario de Tomonde e Vilalén así como os pastizais de Valongo e Deán, ademais do primeiro Pacto pola Paisaxe en Galicia que permite, na súa
segunda fase, a creación da rota de sendeirismo Cabenca-Cavadosa e toda a posta en valor do patrimonio natural e etnográfico que atesoura.

Tanto o alcalde de Cerdedo-Cotobade como os membros das xuntas directivas das comunidades de montes do Sangal e Alto do Seixo decidiron manter aberta unha canle de comunicación permanente e seguir explorando vías de colaboración que redunden nun mellor aproveitamento do monte comunal así como na mellora da calidade de vida da veciñanza destes lugares.

Publicacións Relacionadas