Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Cubela inclúe con urxencia no Plan Concellos a mellora da estrada de...

Cubela inclúe con urxencia no Plan Concellos a mellora da estrada de A Coutada a Campodanta en Aguasantas

- Anuncio -

• O firme se atopa en mal estado polo que o alcalde decidiu canalizala a través deste programa de investimentos municipais

O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, decidiu incluir de urxencia no Plan Concellos a mellora da estrada A Coutada-Campodanta, en Aguasantas, unha vez que non prosperou a solicitude de subvención de infraestruturas posta en marcha polo Estado Español.

Deste xeito, o alcalde pretende dar resposta de xeito inmediato ao compromiso adquirido coa veciñanza de mellorar o firme, que se atopa moi deteriorado, deste vial que contribúe a vertebrar a comunicación interior desta parroquia co resto do municipio.

As obras que se pretenden acometer van orientadas cara á mellora da pavimentación de varios tramos de viais municipais, entre os lugares da Coutada, Campodanta e Pé da Moa, na parroquia de Aguasantas, dentro do concello de Cerdedo-Cotobade. Os camiños atópanse pavimentados con aglomerado, pero existen tramos concretos que están nun avanzado estado de deterioro, polo que precisan unha renovación completa da capa de rodadura.

Comezarase executando unha limpeza de marxes con apertura de cunetas ao longo dos 1.097,00 metros de actuación. Seguidamente estenderase e compactará unha capa de 5 cm de espesor de mestura bituminosa en quente tipo AC 16Surf 50/70D, en todos os tramos propostos, realizando a adecuación dos entroncamentos entre o pavimento novo e antigo, mediante o fresado da conexión nos extremos de cada tramo. A superficie total a pavimentar será de 4.902,45 m2.

ACTUACIÓN NA ZONA DE PÉ DA MOA

Tamén aquí preténdese levar a cabo a limpeza de marxes con apertura de cunetas na lonxitude de actuación, suma dos 7 tramos a executar. A lonxitude total ascende a 717,00 m. A continuación, estenderase e compactará unha capa de 5 cm de espesor de mestura bituminosa en quente tipo AC 16Surf 50/70D, nos 7 tramos propostos, realizando, igualmente, a adecuación dos entroncamentos entre o pavimento novo e antigo. Neste caso, a superficie total a pavimentar será de 3.441,60 m2.

Segundo manifestou o alcalde, Jorge Cubela “este tipo de actuacións contribúen a vertebrar o noso terrritorio e mellorar a seguridade nos viais que conforman o paso habitual de vehículos para moverse, neste caso, polo interior da parroquia de Augasantas e co resto do termo municipal.

Tiñamos a idea inicial de poder acometer esta obra a través dunha liña de subvencións do Estado, pero ante a imposibilidade de contar con ela decidimos incluíla de urxencia no Plan Concellos e ímola executar no periodo de tempo máis curto posible”, indicou o rexedor.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas