Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Cubela insta a Miñones a que aclare si o Goberno so vai...

Cubela insta a Miñones a que aclare si o Goberno so vai mellorar a N-541 en Forcarei como vendeta política contra os 7 alcaldes que asinaron o Pacto de Pedre

- Anuncio -

• Esta estrada nacional volveu rexistrar onte un novo accidente ocorrido no tramo que discorre por San Xurxo de Sacos

O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, esixe ao delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones Conde, que aclare si o Ministerio vai actuar en toda a N-541 ou vai dedicar so 4 millóns de euros a obras de conservación no concello de Forcarei “como vendeta política contra os 7 alcaldes que asinaron en xaneiro o Pacto de Pedre”.

Para Cubela, este anunciou feito onte polo delegado do Goberno en Galicia “é unha burla aos veciños” de todos os concellos polos que pasa a estrada nacional. “É un castigo político por asinar o pacto de Pedre? Están utilizando o Goberno para facer unha vendeta política contra estes concellos? Parécenos moi sospeitoso que só se anuncien melloras en Forcarei, cando é o único concello de todos polos que pasa a estrada nacional que non subscribiu o pacto. Non dicía Verónica Pichel que o tramo do seu concello non estaba tan mal e por iso non suscribía as peticións?”, indicou Cubela.

Neste senso, afirma que “alegrámonos de que se actúe en Forcarei, pero as necesidades da N-541 van moito máis alá. Non se trata de ter unha solución partidista para un concello determinado, senón que se trata dunha reforma integral para toda a N-541. Unha estrada que vertebra gran parte do territorio galego e que dá servizo a unha poboación de máis de 218.000 habitantes.

NOVO ACCIDENTE EN SAN XURXO DE SACOS

“A N-541 é a principal vía de comunicación que conecta á capital da provincia coa Meseta e localidades tan importantes como O Carballiño, Ourense e tamén Lugo a través da comarca do Deza. No mes de xaneiro 7 alcaldes de distinta cor política suscribimos o Pacto de Pedre para reclamar a mellora integral da N-541 sen leas e sen crispación política, pero o Sr. Delegado do Goberno reuniuse onte coa alcaldesa socialista de Forcarei, Verónica Pichel, para anunciar un investimento de 4 millóns so no seu concello, so para reformar e facer obras de conservación no seu termo municipal cando onte mesmo tivemos un novo accidente na parroquia de San Xurxo de Sacos”, indicou Cubela.

“Ante isto, que mensaxe lanza o Sr. Miñones? Prémiase a Forcarei por non subscribir o Pacto de Pedre? Os veciños do resto dos concellos merecen ter unha menor seguridade vial pola cor política dos seus gobernos municipais?”, inquiriu o alcalde de Cerdedo-Cotobade.
“ESTE ANUNCIO É UNHA BURLA PARA TODOS OS VECIÑOS” Segundo manifestou Cubela, “estes 7 alcaldes consideramos que esta actitude non é de recibo e preguntámonos si os nosos veciños son de 2ª categoría ou de 3ª división? Non se trata de adoptar unha solución partidista para un concello determinado senón que estamos a pedir unha reforma integral para toda a N-541. Este anuncio é unha burla para todos os veciños dos concellos polos que pasa a estrada nacional. É un castigo político por asinar o Pacto de Pedre? Están utilizando ao Goberno para facer unha vendeta política contra estes concellos?”.

Finalmente, Cubela lembra que a N-541 é unha estrada insegura, cun estado de conservación preocupante e que necesita unha actuación urxente en todo o seu tramo. “É unha estrada maldita na que se acumulan os accidentes e as vítimas. Esiximos seriedade, esiximos unha actuación integral, e mentres seguimos esperando resposta ás reclamacións de sete alcaldes de diferentes cores políticas, o que recibimos do Goberno central son anuncios políticos e partidistas. Unha vergoña”

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas