• Técnicos da empresa especializada Tysgal informaron aos asistentes da normativa e das obrigas inescusables que teñen que cumprir as iniciativas empresariais enerxéticas
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, presidiu no pavillón de deportes municipal de Carballedo unha xuntanza veciñal informativa e da Comisión de Seguemento á que asistiron uns 60 veciños preocupados pola implantación de novos parques eólicos no
municipio.
Previo ao inicio da xuntanza, o alcalde cedeulle a palabra aos responsables da empresa Tysgal, consultora especializada na defensa medioambiental contrada polo Concello de Cerdedo-Cotobade para levar a cabo as alegacións que o Concello presentará en defensa dos intereses dos veciños e dos lugares ante a presenza de numerosos proxectos que teñen
como obxectivo de implantación este municipio.
Nesta xuntanza analizaron o Parque Eólico Siroco de 61,6 MW, promovido pola entidade Greenalia Wind Power Tramontana, S.L.U., que tramita o Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico do Goberno de España e que acaba de someter a exposición pública por espazo dun mes para que os afectados poidan presentar as correspondentes alegacións que consideren oportunas.
Este proxecto eólico, que somete a trámite de información pública as solicitudes de Autorización Administrativa Previa e Declaración, en concreto, de Utilidade Pública, e o Estudio de Impacto Ambiental das súas instalacións, afectaría no seu desenrolo ás parroquias de Corredoira, Carballedo, San Xurxo e Santa María de Sacos e a liña de evacuación á de Cerdedo e pretende instalar un total de 11 aeroxeradores de 5,6 MW de potencia unitaria cun investimento aproximado de 52.449.139,96 euros.
Os técnicos inforon que o anteproxecto contempla a inclusión de 11 aeroxeradores de 5,6 MW de potencia unitaria, con transformador de potencia 30/0´72 kV. Instalado no interior da góndola de cada aeroxerador, con 150 metros de diámetro de rotor e unha altura de 105
metros ademais dunha torre metereolóxica.
Os aeroxeradores conectaranse eléctricamente mediante liñas subterráneas de 30 kV á subestación receptora do parque eólico Siroco que se construirá co obxectivo de evacua-la enerxía xerada para eleva-la tensión da rede de interna do parque (30 kV) ao nivel do punto de intercontexión previsto coa liña de evacuación (132 kV). As dimensións aproximadas desta planta, segundo o proxecto, serían de 34×36 metros e estaría ubicada no termo municipal de Cerdedo-Cotobade.
Pola súa banda, a liña de alta tensión de evacuación transportará a enerxía do parque eólico Siroco desde a SET PE Siroco (30/132 kV) ata a SE PE As Peñizas (30/132 kV, subestación en tramitación ante a administración autonómica, sobre a que se proxectan actuacións de modificación para dar entrada a esta liña); constará dunha primeira parte, simple circuito,
cunha lonxitude aproximada de 12.725 metros e unha segunda parte dobre circuito compartida coa liña de Peñizas-Paraño cunha lonxitude aproximada de 933 metros que discurrirá polos termos municipais de Cerdedo-Cotobade e Forcarei.
PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS ANTE A SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO EN PONTEVEDRA
Tanto o alcalde como os técnicos de Tysgal informaron de que se poden presentar calquer tipo de alegación as persoas ou entidades veciñais que así o consideren oportuno e deberán facelo ante as Dependencias da Área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, a través do Rexistro Electrónico da Adminstración Xeral do Estado xa que é a
competente nesta materia. Para elo o Concello pon a disposición dos interesados o asesoramento da técnico municipal de medio ambiente.
O Anteproxecto e o Estudio de Impacto Ambiental das instalacións que pretende levar a cabo a través do Parque Eólico Siroco poden ser examinados a través o enlace (completo):
https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/descarga/envio/0689b1539496fa
bd46a6f8899a239f8a37c1dd1b
Abreviado: http://run.gob.es/PEol323AC
A través do apartado “Proyectos, Campañas e Información/Procedimientos de Información Pública” da sede electrónica da Delegación do Goberno en Galicia; e presencialmente na Área de Industria e Enerxía da Subdelegación del Gobierno en Pontevedra. Esta consulta presencial requerirá de cita previa, que pode solicitarse a través do teléfono 986 98 92 35.
O alcalde Jorge Cubela indicou que o Concello seguirá facendo unha profusa labor informativa para evitar calquer tipo de desinformación e ocultismo e poñerá a disposición de tódolos interesados os servizos dos que dispón o Concello para que poidan acceder a todo tipo de asesoramento.



