A cifra podería ser moi superior se lle engadíramos a mellora da estrada O Peso-Caroi (uns 700.000 euros) ou intervencións en eficiencia enerxética, remodelación de parques infantís e Casas do Pobo, reformas de pistas interiores, etc.
O alcalde salientou que neste exercizo destináronse 1,7 millóns de euros á Residencia da 3º Idade e 750.000 euros á segunda fase da rehabilitación das antigas vivenda de mestres en Cerdedo
O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, ultima un informe que fará público aos voceiros dos demais grupos municipais do Concello no vindeiro Pleno no que se dará conta, unha vez pechado o ano 2020, dos resultados dun ambicioso Plan de Investimentos levado a cabo durante este exercizo e que arroxa a cifra histórica na comarca na era da Covid-19 de 9,3 millóns de euros orientados especialmente a proseguir ampliando a rede de infraestruturas e servizos públicos, dotar ou mellorar os centros sociais, realizar humanizacións de espazos públicos, ampliar a rede viaria, construción do Balneario do Baños do San Xusto e a necesaria reactivación económica e social para anticiparse aos efectos provocados pola crise sanitaria do coronavirus.
Cubela salientou o compromiso e a xestión acadados coa Xunta que permitiu afrontar
obras de gran calado como son a rede de saneamento de Tenorio (1,8 millóns de
euros), a construción da nova Residencia da Terceira Idade de Cerdedo (1,7 millóns de
euros) e a segunda fase do Centro de Fauna de Carballedo (250.000 euros). Ademais da segunda fase da rehabilitación das antigas vivendas dos mestres de Cerdedo (750.000 euros).
OS BAÑOS DO SAN XUSTO E A HUMANIZACIÓN DE TENORIO, OBRAS QUE SON
MOTIVO DE ORGULLO PARA TODOS OS VECIÑOS E VECIÑAS
Así mesmo, o alcalde Jorge Cubela salilentou como moi importante os investimentos
feitos durante este ano que acaba de rematar e que tiveron como protagonistas a
construción do novo Centro Sociocultural de Tenorio (620.000 euros) e a rehabilitación
integral dos Baños do San Xusto (680.000 euros), así como a humanización da travesía
de Tenorio (800.000 euros) –en execución– e as vivendas sociais de Carballedo
(374.000 euros), que están sendo remodeladas pola Xunta, e a segunda fase do Local
da Banda de Música de Tenorio (150.000 euros).
MELLORA DA REDE VIARIA
Cubela sinalou tamén dentro do seu balance o feito de que durante o ano 2020 se
seguiran acometendo obras de mellora na rede viaria de comunicación interior, os
investimentos da Consellería de Medio Rural e tamén o Plan Concellos.
Así, acometeuse o ensanchamento e remodelación do histórico Camiño do Quinteiro,
en Tomonde, (120.000 euros), a pista de Cabanelas a Viascón co Plan Marco (120.000
euros), o ensanchamento do acceso a Vila de Arriba (45.000 euros) e unha serie de
obras ao abeiro do Plan Concellos 2020, cun investimento de case 700.000 euros.
Ademais, esta relación, que supera os 9,3 millóns de euros, veuse ampliada por obras a
prol do aforro enerxético en Cerdedo, a remodelación de parques infantís e Casas do
Pobo, reformas de pistas e incluso a mellora da estrada O Peso-Caroi que acometeu a
Deputación de Pontevedra tras unha xestión conxunta entre os alcaldes de CerdedoCotobade e A Lama.
Cubela sinalou que “rematamos un ano no que nos fumos preparando para o que nos
depare o futuro, anticipándonos a través da mellora das infraestruturas en todos
aqueles temas que teñen como obxectivo a mellora da calidade de vida dos nosos
veciños. Centrámonos na mellora da calidade de vida dos nosos veciños fixándonos
como meta prepararnos para anticiparnos aos retos do que está por chegar. Estamos
poñendo as bases do futuro inmediato do noso concello non so mantendo servizos
públicos senón ampliándonos e optimizando recursos para favorecer a reactivación
económica e social do noso municipio unha vez que as condicións da nova
normalidade que nos impón a pandemia da Covid-19 no-lo permitan”, indicou o
alcalde.