HomeTabeirósCerdedo - CotobadeCubela presenta a XIII Festa do Petote que este ano blíndase contra...

Cubela presenta a XIII Festa do Petote que este ano blíndase contra as malas previsións metereolóxicas coa colocación dunha carpa xigante

- Anuncio -spot_img

• O alcalde de Cerdedo-Cotobade reivindicou o papel do petote como atractivo turístico e gastronómico e a festa como elemento de dinamización económica da hostalería de todo o municipio

O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade acompañado por varios membros do equipo de goberno, organizadores e colaboradores presentou a XIII Festa do Petote no Bar Amoedo, de San Xurxo de Sacos, rodeado de varias fontes de cocido e do popular bolo de millo e centeo que vai ser o protagonista deste evento gastronómico que se celebrará o vindeiro domingo 12 de marzo.

A XIII Festa do Petote, organizada polo Concello de Cerdedo-Cotobade, contará coa tradicional degustación popular gratuíta na Praza da Chan, a partir das 12:30 horas, amenizada pola charanga Charandonga que xa unha hora antes percorrerá as rúas de Carballedo animando á veciñanza a participar na exaltación deste produto gastronómico.

Na xornada de exaltación gastronómica do petote participarán como establecementos colaboradores unha decena de bares e resturantes que ofrecerán un cocido completo a base de costela, lacón, chourizo de carne e ceboleiro, patacas, verdura, cacheira, petote e postre a un prezo común de 23 euros por persoa.

Nesta ocasión participan como establecementos colaboradores os seguintes: Casa Inés (Carballedo-986 760 003), A de Tucho (Augasantas670 971 785), Casa Blanco (Rebordelo-645 922 995), A Vosa Taberna (Borela-986 763 126), Mesón Casa Perdiz (Aguasantas-986 696 075), Bar Obélix (Tenorio-986 061 000), A Casa de Ángel (Tenorio-674 404 506), Bar Amoedo (San Xurxo-986 762 049) e O Castiñeiro (Pedre-670 434 498.

SI CHOVE HABERÁ UNHA CARPA PARA GARANTIR A DEGUSTACIÓN
A xornada festiva arrancará ás 11:30 horas cun pasarrúas cargo da charanga “Charandonga” que servirá de pistoletazo de saída para a degustación popular do petote a partir das 12:30 horas na Praza da Chan, en Carballedo. Os asistentes poderán probar de balde este produto gastronómico, pero tamén outras pezas tradicionais presentes no cocido como son a cacheira ou o chourizo. No caso en que as condicións meteorolóxicas non sexan as axeitadas, a degustación realizarase debaixo dunha carpa.

O alcalde, Jorge Cubela, saliento a importancia que ten para a festa a implicación da hostelería local e de feito, este ano participará unha decena de establecementos de todo o municipio. “Para que a Festa do Petote continúe sendo toda unha referencia no calendario gastronómico da comarca é fundamental a implicación e a colaboración dos bares e restaurantes do municipio que fan un esforzo importante cun menú único con gran confluencia de produtos galegos de calidade e que acompañan ao petote dun xeito moi especial. Esta é sen dúbida unha festa que tamén contribúe a dinamizar o tecido hostaleiro do municipio e un importante polo de atracción turística”, dixo Cubela.

Publicacións Relacionadas