• “Queremos ser proactivos e resolver calquera problema que se poida producir para que a alta velocidade en internet chegue a todo o mundo e impedir que se poida producir unha fenda tecnolóxica no noso municipio”
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, manterá en breve unha serie de xuntanzas veciñais en todas as parroquias do municipio para recoller as demandas e as solicitudes de alta para contar con fibra óptica en todos os domicilios do concello neste mesmo ano que agora comeza.
Despois de varias reunións con Movistar, o alcalde logrou o compromiso da empresa instaladora de que ao longo deste ano cubrirase o 100% da demanda de fibra óptica no municipio o que permitirá rematar cos problemas de illamento que algunhas poboacións mantiñan ata o de agora sufrindo un alto risco de sufrir unha fenda tecnolóxica.
Segundo manifestou o alcalde, Jorge Cubela, “tendo en conta que o despregue da fibra óptica estase a desenrolar dun xeito moi rápido no noso concello, temos o comprimiso firme de Movistar de que este ano (incluso a metade de ano, pero prefiro dicir todo o ano) chegará a fibra óptica a todas as parroquias e lugares de Cerdedo-Cotobade tras as nosas
xestións, con multitude de reunións para conquerir este resultado, a pesar de non ser unha competencia municipal, para ofrecer este servizo tan necesario”.



