• O alcalde agradeceulles o feito de “ser os primeiros” en auxiliar a calquera persoa nun accidente, nun incendio e levando mediciñas e alimentos a confinandos nos duros meses da pandemia
O Concello de Cerdedo-Cotobade rendiu unha merecida homenaxe aos membros da Agrupación Local de Protección Civil cun modesto acto condicionado polas retricións impostas pola pandemia que impediu unha presenza multitudinaria de veciños que querían amosar o seu agradecemento e respecto polo labor que desarrollan altruistamente os voluntarios.
O acto contou coa presenza do alcalde, Jorge Cubela, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, que achegou un saúdo e unha aperta do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, membros da Dirección Xeral de Emerxencias, e os alcaldes da Lama, Jorge Canda e de Campo Lameiro, Carlos Costa, quen fixo entrega dunha placada de agracecemento a Protección Civil.
O presidente da Agrupación Local, Javier Lois, agraceceu a presenza das autoridades e lembrou aos seus antecesores no cargo, especialmente ao precursor da posta en marcha de Protección Civil, Gonzalo Barreiro, veciño de Pedre tristemente falecido. Tamén ensalzou o labor de José Luis Crujeiras a quen lle fixo entrega dunha placa conmemorativa e de recoñecemento do seu traballo.
Pola súa banda, o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, salientou a enorme vocación de servizo e de sacrificio a prol dos demais que hai detrás dos voluntarios Protección Civil e puxo en valor a súa formación en materia de emerxencias e, sobre todo, a súa alta disponibilidade que fan deste unidade unha das máis operativas da contorna.
Cubela agradeceulles o feito de “ser os primeiros” en auxiliar a calquera persoa nun accidente, nun incendio e levando mediciñas e alimentos a confinandos nos duros meses da pandemia onde o sorriso das persoas que recibían a colaboración e a axuda do Concello a través dos voluntarios de Protección Civil eran toda unha recompensa polo traballo realizado.
O alcalde non quixo esquecerse tampouco dos seus antecesores no cargo, como Caramés e Balseiros (tamén presente no acto) por impulsar a creación desta agrupación que naceu en Cerdedo da man de Gonzalo Barreiro e que acadou a súa máxima operatividade con José Luis Crujeiras e que agora dirixe e lidera con acerto Javier Lois.
No transcurso do acto tomou a palabra tamén o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López Diéguez quen trasladou un afectuoso saúdo do vicepresidente primeira da Xunta, Alfonso Rueda, quen non pudo acudir ao evento como era o seu desexo ao ter que suplir a presenza do presidente da Xunta noutro acto. O delegado territorial louvou o “gran traballo altruísta e profesional” da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade e garantiulle o “máximo apoio e colaboración” por parte do Goberno galego para que siga atendendo á cidadanía “cos máximos estándares de calidade e eficacia”.
Para rematar o acto, os membros da Agrupación Local de Protección Civil recibiron un agasallo conmemorativo do evento e o agradecemento do público en forma de aplauso. Tamén o alcalde, Jorge Cubela, recibiu unha placa así como varias autoridades presentes no evento.
Os voluntarios de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade centraron as súas intervencións en servizos de emerxencia e accidentes, reparto de alimentos, máscaras e medidas de protección fronte á Covid-19, distribución de mediciñas, extinción de incendios, etc.
Para o alcalde, Jorge Cubela, o labor da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil é
fundamental para atender todas as necesidades que houbo que cubrir desde o punto de vista asistencial durante os momentos máis duros do confinamento e de loita contra a pandemia e “son unha institución no noso concello que vela pola seguridade da veciñanza dun xeito altruísta e totalmente desinteresado na procura do benestar dos seus semellantes”.
Cubela quixo tamén recordar a importante colaboración que os voluntarios de Protección Civil tiveron co Concello nos momentos máis complicados do confinamento na entrega a domicilio de comida, medicamentos e subministros básicos a persoas e maiores, familias vulnerables ou con problemas de mobilidade, a atención xeralizada á terceira idade, a concesión de cheques alimentarios, o transporte de materiais educativos, o reparto de mascariñas aos máis de 5.600 veciños e as desinfeccións periódicas dos centros de saúde, establecementos abertos ao público, zonas comúns e a rede de contedores de lixo, etc.
“Contar cun servizo de voluntarios como o de Protección Civil, perfectamente coordinado por Javier Lois, non só é un privilexio para o noso concello senón un auténtico orgullo. Grazas a eles poidemos atender ás persoas en situación de máxima vulnerabilidade que durante os momentos duros do confinamento tivemos que levarlles mediciñas e alimentos ou axudalos en desprazamentos médicos ou a facer xestións esenciais. Nos momentos duros tivemos a sorte de contar con homes e mulleres con auténtica vocación de servizo que foron quen de dar a resposta cidadá que precisabamos para que ninguén se quedara atrás, desde o punto de vista asistencial, psicolóxico, emocional e mesmo humano, no noso municipio. Por eso e por todo o que fan quero trasladarlles públicamente o meu afecto e o recoñecemento de toda a Corporación Municipal ao labor que fan estas persoas voluntarias”, indicou Jorge Cubela.
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade, acaba de cumprir catro anos de vida e leva xa dous baixo a coordinación de Javier Lois, afrontando con garantías todo o proceso de especialización e unha acción de rápida resposta ante calquer emerxencia grazas á formación constante do persoal e á dotación de importantes medios materiais por parte da Xunta.
Un total de 15 persoas compoñen a Agrupación de Voluntarios que se distribúen tanto polo territorio de Cotobade como de Cerdedo atendendo as demandas en materia de protección civil que se vaian plantexando, perfectamente coordinados cos mandos de emerxencias operativas en Galicia. Dispoñen tamén de material moderno de intervención en accidentes e sinistros grazas á estreita colaboración da Xunta de Galicia, que lles permite estar dotados de importantes medios materiais para a atención das incidencias do concello a través de vehículos especializados, unha furgoneta pick-up e un camión de extinción de lumes, unha máquina esparexedora de sal, un remolque multifuncional de emerxencias con iluminación, unha tenda de campaña de grandes dimensións e ferramentas diversas, dende motoserras ata os equipos de retirada de niños de velutina, entre moitos outros.



