Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Cubela solicita á Garda Civil máis vixianza nocturna no entorno do colexio...

Cubela solicita á Garda Civil máis vixianza nocturna no entorno do colexio de Tenorio nas fins de semana para loitar e previr actos vandálicos

- Anuncio -

• O alcalde solicita a colaboración veciñal e maniféstase inflexible ante actos incívicos que atentan contra o patrimonio de todos”

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, solicitou a colaboración da Garda Civil para aumentar a vixianza nocturna no entorno do colexio de Tenorio, lugar onde se detecta a celebración de botellóns ilegais que acaban con serios danos no mobiliario urbano da zona e do propio centro educativo como a lona recén instalada e que presenta diversos destrozos de especial importancia.

Jorge Cubela denunciou ante a Garda Civil estes actos vandálicos e solicitou a colaboración veciñal para identificar aos presuntos autores destas actividades lesivas para o patrimonio municipal ao afectar directamente a investimentos realizados con fondos públicos procedentes del Concello.

Cubela manifestou “non estar disposto a deixar pasar unha porque este tema estase pasando de castaño oscuro. Estanse celebrando botellóns ilegais no entorno do colexio de Tenorio e simultáneamente están aparecendo mostras de actividades vandálicas como a rotura de mobiliario urbano municipal e do propio centro educativo. Non pode ser que a proposta da comunidade educativa coloquemos unha custosa lona para protexer aos cativos das inclemencias do tempo e veñan uns desaprensivos a provocar nela graves roturas e destrozos. Estamos a falar dos cartos de todos e do patrimonio de todos os veciños e veciñas de Cerdedo-Cotobade e iso non o vou consentir”.

O rexedor xa se dirixiu á Garda Civil para que se incremente a vixianza nocturna da zona escolar e deportiva de Tenorio co fin de previr a celebración de botellóns ilegais e se propicien destozos. “Denunciamos estos graves feitos ante a Garda Civil e soliciteilles a súa máxima colaboración para previr e disuadir a elementos antisociais que son os responsables destes actos incívicos que están a ocasionar un grave prexuízo para a economía e o patrimonio de todos os nosos veciños.

Agardamos que con maior vixianza e a colaboración veciñal se dea por finiquitado este problema que xurde agora e está en fase larvario, pero xa é preocupante”, indicou o alcalde Jorge Cubela.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas