HomeTabeirósCerdedo - CotobadeCubela supervisa os traballos de acondicionamento do parque infantil de Tresaldeas, en...

Cubela supervisa os traballos de acondicionamento do parque infantil de Tresaldeas, en Quireza

- Anuncio -spot_img

• O alcalde enmarca esta actuación no proceso de mellora do entorno levado a cabo neste lugar no que recuperaron unha fonte e un lavadoiro para o disfrute da veciñanza

O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e a tenente de alcalde Lourdes Ovelleiro supervisaron o remate final dos traballos de acondicionamento do parque infantil de Tresaldeas, na parroquia de Quireza, levado a cabo polos operarios municipais.

Na recuperación de este espazo de esparcimento para a infancia foron investidos uns 20.000 euros que permtiron recuperar tanto o chan que se acondicionou para que mantivera as medidas de seguridade para evitar accidentes entre os nenos e nenos que usan estas instalacións.

O parque infantil goza dun peche perimetral en madeira que permite que o espazo gañe en seguridade para os cativos ao tempo que delimita a zona de xogos para que os nenos e nenas poidan gozar con total tranquilidade.

Este parque infantil conta tamén con aparatos de xogo adaptados ás necesidades dos cativos do lugar e responden tamén á demanda plantexada polos veciños para poder executar esta obra que agora queda prácticamente rematada e que se une tamén á recuperación de dous elementos etnográficos de especial interese para a veciñanza como son unha fonte e un lavadoiro.

Segundo manifestou o alcalde, Jorge Cubela, “con esta obra que supuxo un investimento duns 20.000 euros e que foi acometida por persoal municipal dase resposta á petición da veciñanza de Tresaldeas que reclamaba esta intervención. Ao mesmo tempo gáñase un espazo de lecer e de convivencia veciñal onde os cativos poidan sentirse cómodos e seguros á hora do xogo”, indicou o rexedor.

Publicacións Relacionadas