HomeTabeirósCerdedo - CotobadeCubela, unha vez rematada a senda peonil e o aparcadoiro, reordenará o...

Cubela, unha vez rematada a senda peonil e o aparcadoiro, reordenará o estacionamento no IES Cotobade

- Anuncio -spot_img

• O alcalde salienta a importancia desta obra para a mellora da imaxe da zona así como da seguridade vial na que se levan investido, en varias fases, máis de 118.000 euros

O Concello de Cerdedo-Cotobade emprenderá unha reordenación das zonas de estacionamento nas proximidades do IES Cotobade, en Tenorio, unha vez que rematen as obras de construción da senda peonil e o aparcadoiro do instituto. A intención do Concello é deixar estacionar nesa zona un máximo de 15 minutos, de luns a venres, o que favorecerá a rotación dos vehículos que acudan con alumnos do centro educativo e evitará a saturación de coches na zona.

Este novo proceso virá a completar o plan deseñado polo alcalde, Jorge Cubela, centrado nunha ambiciosa e completa humanización do entorno escolar de Tenorio coa construción dunha nova senda peonil en formigón ocre con borde en pedra entre a Escola Infantil Galiña Azul e o Instituto de Cotobade e a creación dun aparcadoiro que permita garantir a seguridade viaria dos alumnos e da comunidade educativa.

Esta nova actuación nesta zona escolar e de servizos deportivos, que conta cunha achega de 50.000 euros do Plan Concellos da Deputación, súmase ao proceso de humanización levado a cabo na conexión entre o colexio e as pistas polideportivas de Tenorio coa finalización da beiarrúa nova que dá sentido á senda peonil, a canalización de augas pluviais, retranqueo de postes e colocación de iluminación led, así como unha renovada sinalización horizontal e vertical da zona para ordenar e mellorar a seguridade viaria, etc. na que se levan investido un total orzamentario que supera os 118.000 euros.

UNHA HUMANIZACIÓN CONSENSUADA COA COMUNIDADE EDUCATIVA
Este proceso de humanización que leva a cabo o goberno de Jorge Cubela xurde para dar resposta a unha serie de demandas da comunidade educativa como a mellora da seguridade vial no acceso á zona escolar e pistas polideportivas de Tenorio. Aproveitouse a pasada actuación para realizar o retranqueo dos postes do tendido eléctrico existentes e canalizar baixo terra tamén as liñas de telecomunicacións que discurren por onde vai o trazado peonil. Deste xeito gañouse en espazo e se mellora a imaxe da zona.

Publicacións Relacionadas