HomeTabeirósCerdedo - CotobadeCubela, Vázquez, Aguete e veciños de Valongo presentaron a 44ª edición da...

Cubela, Vázquez, Aguete e veciños de Valongo presentaron a 44ª edición da Festa da Filloa e da Virxe do Libramento que se celebran na fin de semana

- Anuncio -spot_img

• A organización prevé repartir 5.000 unidades deste doce tradicional e participarán preto de 30 cociñeiros e cociñeiras que competirán polos premios e ofrecerán a ducia de filloas a un prezo de 10 euros

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, acompañado polo tenente de alcalde Fernando Vázquez e a concelleira Galiza Aguete así como de numerosos veciños de Valongo presentou a 44ª edición da Festa da Filloa que se celebrará esta fin de semana e na que
participarán casi unha trintena de cociñeiros e cociñeiras que serán os encargados de repartir preto de 5.000 unidades ao longo da xornada gastronómica que se desenvolverá na tarde do sábado 3 de setembro.

A organización agarda a presenza de centos de persoas que volverán á cita habitual con esta festa gastronómica, das máis antigas da comarca que siguen en activo e que volve ao panorama festivo despois do parón rexistrado estes dous últimos anos por mor da restricións impostas pola pandemia da Covid-19.

O certame culinario comezará ás 18:30 horas do sábado 3 de setembro coa participación de preto de 30 cociñeiros, entre os que destacan ao redor de vinte filloeiras colaboradoras que optarán aos premios e 8 rapces e prazas. O doce poñerase á venda por un prezo de 10 euros a ducia.

Durante a presentación, o alcalde Jorge Cubela felicitou aos organizadores deste evento gastronómico que xa leva 44 edicións ás súas costas o que lle dá certa solera e tamén un gran prestixio. O rexedor, despois de manter unha conversa cos presentes e falar dos inicios deste encontro culinario amosou tamén a súa satisfacción pola continuidade deste evento nas novas xeracións e felicitou a Xurxo Sieiro, un mozo de 23 anos, que será o que para o ano sexa o encargado de seguir coa tradición que a el lle vén do seu pai Delmiro Sieiro, un dos pioneiros que hai 44 impulsaron esta festa e todavía segue activo nela.

UNHA AMPLA PROGRAMACIÓN FESTIVA
Esta actividade gastronómica inclúese nas festas da Virxe do Libramento que comezan este venres cunha churrascada nocturna con degustación de chocolate e rosca que estará amenizada polo grupo Son das Tabernas e o trío grovense “La Noche”.

O sábado 3 de setembro será o día forte destas festas xa que ás 18:30 horas da tarde comezarán a elaborarse as saborosas filloas de Valongo e ás 19 horas fará entrada no recinto das festas a banda Os Catro Ventos que amenizarán a xornada vespertina. Pola noite, haberá verbena a cargo de Millenium e América S.L. e pechará a xornada EME Músic. Haberá unha tirada de fogos de lucería ás 23:55 horas.

O domingo 4 de setembro, a partir das 12 do medidía entregaranse os trofeos da 44ª edición da Festa da Filloa de Valongo e ás 12:30 horas fará a súa entrada no recinto festivo a Banda de Gaitas Os Coribantes. A misa solemne terá lugar ás 13:15 horas seguida de procesión.

Publicacións Relacionadas