Dentro da programación de Nadal, a Concellería de Cultura, organiza na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, o espectáculo: “Un Nadal cheo de contos”, este venres 19 de decembro ás 18 H, dirixido a un público familiar da partir de tres anos, con entrada gratuíta ata completar aforo.
Esta actuación será a cargo de Esteban Acuña, de Tarabelos Teátro. Un espectáculo, de narración ilustrada, con monicreques de mesa e participación de público como actores. Durante aproximadamente sesenta minutos viaxaremos a través dos contos do Nadal, mergullándonos nas minchas e no vento, na neve, na choiva, visitando cidades descoñecidas, países remotos, illas case desertas e enchendo o Nadal de contos.



