Cuntis acollerá a décima edición da Festa da Belle Epoque este sábado cunha ampla programación

adminON
Lectura mínima de 3

• Exposicións de fotos antigas ou vehículos de época, mercado de artesanía, concertos musicais e a tradicional cea-baile forman parte das actividades que se desenvolverán ao longo de toda a xornada

Un ano máis, Cuntis activa a súa particular máquina do tempo para viaxar ao pasado, a través dunha das súas citas máis emblemáticas do outono. O vindeiro sábado, 28 de setembro, celebrarse no centro da vila termal a Festa da Belle Epoque, que chega á súa décima edición, plenamente consolidada como un acontecemento que atrae a un gran número de participantes. Unha das chaves do seu bo funcionamento é a súa programación, que destaca pola súa variedade e amplitude e que está pensada para o goce de persoas de todas as idades, crianzas incluídas.
Como xa é tradición, as propostas desenvolveranse ao longo de toda a xornada, desde as 12.00 horas. Será entón cando se inauguren os espectáculos na rúa, con circo de época, o habitual Mercado de Artesanía (no que se poderán adquirir diferentes produtos de gran calidade) ou as exposicións de fotografías antigas e de coches de época. Ademais, ás 13.00 horas poderase facer un repaso á historia do Convento das Nais Benedictinas, a través da actividade Máis de 100 anos camiñando ao noso convento, con venta de produtos de Luísa Treviño incluida.

A música volverá ter un marcado protagonismo nesta edición, cunha primeira actuación ás 13.30 horas, a modo de sesión vermú, a cargo da formación Pequeña Gran Compañía. Xa pola tarde, ás 16.30 horas comezará un dos grandes atractivos para os máis cativos e cativas, como é a actuación do Mago Pago. Posteriormente, ás 17.30 horas, terá lugar o Desfile de Época, outra das citas que marcan a programación da Festa da Belle Epoque. A música retornará á tardiña, cunha actuación a cargo do Grupo de Acordeóns de Cuntis. Pola noite, o broche ao programa o porá a tradicional Cena-Baile, desde as 21.30 horas, no Hotel Balneario. A velada estará amenizada con música en directo, grazas á actuación de The Bichos Jazz Band, e posterior sesión DJ.
O Concello informa de que se pode obter máis información sobre estas actividades chamando aos números de teléfono 655258410 ou 666490869.

Comparte este artigo