Home Pontevedra Caldas Cuntis clausura con éxito unha nova edición do programa Habilitas Fogar

Cuntis clausura con éxito unha nova edición do programa Habilitas Fogar

- Anuncio -

O Concello leva unha década apostando por este proxecto, que ten  como obxectivo axudar a mellorar o grao de autonomía das persoas  que padecen algún tipo de discapacidade intelectual 

O alcalde, Manuel Campos, incide na aposta que realiza o Goberno  local polas políticas sociais e garante que “seguiremos impulsando  actuacións por e para as persoas” 

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos,  participou esta pasada fin de semana no acto de clausura do programa Habilitas  Fogar. Trátase dunha iniciativa que a Administración local impulsa, a través  dunha achega económica da Deputación de Pontevedra, co obxectivo de  potenciar e facilitar a integración a mozos e mozas que padecen algún tipo de  discapacidade intelectual. Tal e como lembrou o rexedor, esta é unha proposta  única na bisbarra e que xa vai pola súa novena edición. “Levamos unha década  apostando por iniciativas, actividades e programas por e para as persoas e así  o imos a seguir facendo”, garantiu Campos Velay. 

O acto incluíu unha charla informativa que versou sobre apoios autoridixidos.  Posteriormente, procedeuse á entrega dos diplomas acreditativos ás persoas  que formaron parte do programa nesta última convocatoria. Para finalizar,  servíronse uns petiscos. O alcalde cuntiense felicitou persoalmente aos e ás  participantes e tamén quixo poñer en valor o traballo e implicación que realiza o persoal municipal, especialmente na área de Servizos Sociais, para facer  realidade este proxecto, así como a colaboración dos integrantes de Protección  Civil. O obxectivo que se busca co Habilitas Fogar é mellorar o grao de  autonomía destas persoas, ao tempo que se potencia o seu autocoidado. A  través desta proposta tamén se busca mellorar a súa autoestima e a mellora de  habilidades, o que lles permite reducir a súa dependencia de terceiras persoas,  tal e como sinala Manuel Campos. 

Ademais, no Habilitas Fogar tamén se pon o foco en fomentar o coñecemento  da contorna e a utilización de recursos comunitarios. “En definitiva, é unha  ferramenta moi importante para axudar ás persoas con discapacidade intelectual  no seu día a día”, recalcou o alcalde, que tamén destacou que o Goberno local  leva apostando de xeito ininterrompido por esta iniciativa na última década, a excepción da pandemia. O Concello de Cuntis reafirma o seu compromiso á hora  de continuar desenvolvendo itinerarios individualizados que sirvan para manter  as habilidades do fogar para a vida independente. 

Ademais de trasladarlle os seus parabéns polo traballo feito, o alcalde tamén  agradeceu ao alumnado do Habilitas Fogar a súa participación no acto do  prendido do alumeado de Nadal o pasado xoves.

Relacionadas

O PSOE rexeita unha moción do BNG para paliar os efectos das enchentas...

0
Sol Seoane insta a xestionar o río coas premisas científicas e técnica deste século, avogando por facer un estudo técnico que permita eliminar  a...

A Oficina de Coordinación de Transplantes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés...

0
― En concreto, asumíronse as doazóns de dous pulmóns, un fígado, seis riles e as ditas dúas córneas ― Nesta área sanitaria foron detectados tres...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables á Estrada e Lalín para...

0
O deputado provincial Javier Tourís reuniuse con Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, e José Crespo, de Lalín, con motivo da visita da oficina móbil...

Baiona homenaxea aos campións do mundo de dardos

0
Iago Farto e Mauro Pazos, ambos os residentes en Baiona e, coñecidos no ámbito competitivo como Trafalgar e Mauro, lograron o título de campións...

Reggaeton Beach Festival e concello de Nigrán acordan un desconto do 50% nas entradas...

0
Nigrán prepárase para a cuarta edición de Reggaeton Beach Festival o 26 e 27 de xullo en Porto do Molle. O evento, que trae...

A Xunta enxalza os traballos creativos realizados polas usuarias do Centro Ocupacional Exclavas de...

0
O Executivo galego financia con máis de 1,6 millóns de euros un total de 79 prazas de atención residencial e diúrna neste centro A directora...

Publicacións Relacionadas