Home Pontevedra Caldas Cuntis estrea a programación do 25N cun obradoiro sobre prevención de Violencia...

Cuntis estrea a programación do 25N cun obradoiro sobre prevención de Violencia contra as Mulleres dirixido a persoas maiores

- Anuncio -

• A concelleira de Igualdade, Ana Loureiro, participou este mércores na inauguración de ‘Mergullémonos’, que se desenvolve en Troáns e Cuntis, en colaboración coa Deputación de Pontevedra


• O programa inclúe unha campaña informativa no comercio local, a lectura do manifesto o día 25 e a habitual andaina, de 3,5 quilómetros e que permitirá visitar diferentes lugares de interese na contorna da vila

O Concello de Cuntis pon en marcha unha ampla programación para celebrar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se conmemora o vindeiro luns, 25 de novembro. Precisamente, o programa inaugurouse onte coa posta en marcha de ‘Mergullémonos’, un obradoiro de promoción da igualdade e de prevención de violencias de xénero que está dirixido a mulleres e homes maiores de 55 anos.

A concelleira de Igualdade, Ana Loureiro, acudiu este mércores á primeira das catro sesións das que consta esta actividade, que tamén se desenolverá os días 27 de novembro e 4 e 11 de decembro. Participan neste ciclo arredor de 75 veciños e veciñas, divididos en dous grupos de traballo, en Troáns e en Cuntis. A iniciativa conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra e consiste na promoción da igualdade e intervención con mulleres vulnerables. Tal e como explica Ana Loureiro, este obradoiro busca achegar aos e ás participantes ferramentas útiles en materia de sensibilización e prevención, así como en detección precoz de abusos e discriminacións contra as mulleres maiores. A edil do Goberno local tamén destacou que estas sesións son un complemento axeitado e moi útil para as persoas que participan nos cursos de ximnasia de mantemento e do taller de memoria que cada ano organiza o Concello. ‘Mergullémonos’ está impartido por Ana Constenla, da Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galegas.

Ademais deste obradoiro, dentro da programación do 25N o Concello tamén desenvolverá unha campaña informativa e promocional entre o tecido comercial de Cuntis. Desde este venres, repatirase material de ‘merchandising’ entre numerosos locais da localidade, para dar visibilidade e poñer en valor a igualdade e o rexeitamento á lacra social que supón a violencia contra as mulleres. Asemade, o luns terá lugar, ás 12.00 horas, a habitual lectura do manifesto do 25N, ás portas da Casa Consistorial, coa presenza de autoridades políticas locais e persoal municipal. Pola tarde, a partires das 16.00 horas, celebrarase unha nova edición da Andaina do 25 de novembro. Partirase desde a Praza da Constitución, para completar un percorrido circular de 3,5 quilómetros de distancia, de dificultade media-baixa.
No transcurso desta actividade visitaranse diferentes lugares de interese, como os Pasos de Meira, os Petróglifos de Cartas ou o Muíño do Sagrado Corazón. Trástase dun circuito apto para todas as edades e que contará coa participación das alumnas e alumnos das clases de ximnasia de mantemento. Una serie de obradoiros dirixidos ás crianzas, en chave lúdica e educativa, completan a programación.

Relacionadas

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

O 53% do alumnado do Programa Integrado de Emprego de Ponteareas acadou a inserción...

0
• A Xunta destinou máis de dous millóns de euros en obradoiros e programas de inserción laboral • Cen persoas comezaron hoxe o segundo Programa...

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

Publicacións Relacionadas