Home Pontevedra Caldas Cuntis, protagonista no XVII Encontro de Vilas Termais que congrega en Guitiriz...

Cuntis, protagonista no XVII Encontro de Vilas Termais que congrega en Guitiriz a máis de 50 destinos de turismo termal

- Anuncio -

O alcalde cuntiense, Manuel Campos, actual vicepresidente desta  entidade promovida pola Federación Española de Municipios e  Provincias (FEMP), impartiu unha conferencia sobre a xeración de  experiencias nas villas termais 

Campos Velay salienta a importancia de formar parte deste ente para  “seguir creando sinerxias e potenciando a oferta termal e de augas  minerais” 

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, vén de  participar na XVII edición do Encuentro de Villas Termales, promovido pola  Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que se está a  desenvolver nesta fin de semana na localidade de Guitiriz, en Lugo. Cómpre  lemprar que o rexedor da vila da comarca do Umia é o actual vicepresidente  desta entidade. Esta cita convócase de xeito periódico para congregar a máis de  50 destinos termais, entre os que se atopa Cuntis, para traballar en aras de  potenciar este tipo de oferta turística, cada vez máis consolidado en toda  España. O concello cuntiense non é unha excepción, xa que recibe a un gran  número de visitantes durante todo o ano buscando este tipo de experiencias.

O programa deste encontro inclúe charlas e mesas redondas de profesionais e  responsables do sector, así como de representantes destes destinos. No caso  de Manuel Campos, como vicepresidente de Villas Termales, ofreceu unha  conferencia sobre a importancia da xeración de experiencias por parte deste tipo  de destinos. O alcalde puxo o foco na importancia que ten esta oferta lúdica, xa  que “é unha opción que permite incrementar a capacidade de desestacionalizar  o turismo, atraendo visitantes durante todo o ano, sendo un motor económico e  dinamizador moi importante”. 

Outro aspecto no que fixo fincapé Campos Velay é na importancia de traballar  para crear sinerxias e liñas de colaboración, “o que nos permite potenciar a oferta  e diferenciarnos como destino”. O alcalde de Cuntis reafirmou, unha vez máis, o  compromiso do Concello de continuar traballando para que “a nosa vila continúe  sendo un referente dentro deste eido no Norte peninsular”.

Relacionadas

O concello de Salvaterra de Miño organizaun ano máis un curso de defensa persoal...

0
O Concello de Salvaterra de Miño organiza para o mes de marzo un curso de defensa  persoal para mulleres. A finalidade é a apredizaxe...

A vicepresidenta Luisa Sánchez clausura na sede da Deputación en Vigo o III Torneo...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, clausurou esta tarde na Sede da Deputación en Vigo o III Torneo Nacional de Debate. Sánchez...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á VIII Gala Solidaria Bicos de Papel

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este sábado no Teatro Salesianos á VIII Gala Solidaria Bicos de Papel, que celebrou esta...

15 maiores reciben atención nun proxecto pioneiro en Parderrubias

0
O Concello achegou parte dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para este proxecto               A xefa da unidade contra a...

O BNG levará ao Parlamento unha iniciativa para que a Xunta regule as plantacións...

0
Os deputados nacionalistas Brais Ruanova, Sonia Vidal e Ariadna Fernández  reuníronse coa Asociación de Veciños de Carregal para coñecer as súas inquedanzas sobre as...

O departamento de Infraestruturas e Sostibilidade denuncia actos vandálicos contra a iluminación pública e...

0
- Nos últimos días rexistráronse varios casos de roturas en lámpadas de farois causadas por disparos de escopetas de aire comprimido na avenida de...

Publicacións Relacionadas