Curso de monitor de tempo libre no Porriño

adminON
Lectura mínima de 2

• Desenvolverase no Centro Cultural Municipal os meses de marzo e abril en varias fins de semana

• O prazo de inscrición xa está aberto e terán prioridade as persoas empadroadas no Porriño

A concellería de Xuventude, que dirixe Antonio Barros, presenta a través da súa OMIX o curso oficial de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, que se desenvolverá en seis fins de semana de marzo e abril no Centro Cultural Municipal do Porriño.
O curso, impartido pola cooperativa Avada e aETL Scolé, seguirá unha formación mixta que combina a docencia presencial e en liña. Son 200 horas (neste caso combinando a formación presencial de 125 h coa telemática, de 75 h) cunha fase de prácticas de 150 horas, a realizar unha rematada a parte teórica.
Os días de docencia presencial serán os seguintes: 9, 10, 16, 17, 23 e 24 de marzo, e 5, 6, 7, 13, 14, 20 e 21 de abril. En total, tres fins de semana de marzo e tres de abril, para completar a fase teórica do curso.
Ao remate o alumnado obterá o título oficial de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre e estará formado sobre como dirixir grupos de persoas menores ou maiores e dinamizar, coidar, entreter e sobre todo educar mediante as súas accións.
Este curso é requisito imprescindible para traballar en campamentos, conciliacións, granxas escola, ludotecas, parques de aventuras, obradoiros, extraescolares, centros socioculturis, establecementos turísticos, etc…
O prazo para realizar a inscrición está aberto e pode formalizarse na páxina web https://avada.gal . Cabe destacar que se dará prioridade ás persoas empadroadas no Concello do Porriño.

Comparte este artigo