O Concello do Grove, en colaboracón coa Fundación Cibervoluntarios saca ao público unha nova convocatoria de cursos de formación dixital onde se verán as aplicacións máis útiles da cidadanía como pedir cita na Seguridade social ou oficina de emprego, solicitar a vida laboral, obter o DNI dixital e certificado electrónica así como a seguridade na rede.
A programación inclúe dúas propostas totalmente gratuitas, unha dirixida ao grupo de poboación de 18 a 55 anos que teñan coñecementos básicos de informática e outro dirixido a poboación de máis de 55 anos tamén con algún coñecemento mínimo do uso da informática.
Cada curso ten unha duración de 10 horas que se repartirán de luns a venres de 10.00 a 12.00 horas nunha aula de formación do antigo colexio das monxas. En calquera dos dous cursos a inscrición se realiza na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) sita no segundo andar da Casa do Concello. A inscrición tamén pode ser por teléfono a traves dos números 886214933/986730609 ou enviando un correo electrónico a: omix@concellodogrove.es
No caso do curso dirixido á poboación de 18 a 55 anos terá lugar do 2 ao 5 de marzo e o prazo de inscrición estará aberto ata o 16 de febreiro e no caso do curso dirixido a persoas de máis de 55 anos será a semana do 9 ao 12 de febreiro e a inscrición está aberta ata o 20 de febreiro.
Estas accións intégranse no convenio de colaboración entre O Concello do Grove e a Fundación Cibervoluntarios, dentro do programa Pueblo Digital e financiado pola Unión Europea, que promove a adquisición de competencias dixitais adaptadas a distintos niveis, incluíndo a navegación segura por internet, o uso da e-Administración e a banca dixital.



