- Curso “A Xestión das Comunidades de Augas” que terá lugar o 28 de xuño ás 10:00 horas Danar entraña sancións
- Dirixido a todas as comunidades de usuarios de auga e ao público en xeral
O Concello de Ponteareas a través da Concellería de Infraestruturas Xerais, Saneamento e Augas do Concello de Ponteareas convida a todas as persoas interesadas a participar no curso “A Xestión das Comunidades de Augas” que terá lugar o 28 de xuño ás 10:00 horas no Centro de Desenvolvemento Local (CDL).
Organizado por Augas de Galicia e a asociación de traídas veciñais, COXAPO, este curso gratuíto está dirixido a todas as comunidades de usuarios de auga e ao público en xeral co obxectivo ampliar e actualizar os coñecementos para un aproveitamento dos recurso hídricos o máis axeitado posible.
As persoas participantes aprenderán como se constitúe unha comunidade usuarias/os de auga e afondarán nas orixes da auga e importancia das captacións para xerar maior concepto de responsabilidade no uso da mesma. Neste senso, coñecerán o papel dos plans sanitarios de auga, as infraestruturas comunitarias e o control da calidade da auga. Ademais de coñecer que documentación debe ter unha comunidade de usuarios. O curso tamén inclúe a visita á comunidade de Usuarios de Parada Rocha en Ponteareas.
A concelleira Raquel Bautista anima a toda a cidadanía a participar neste curso no que poderemos coñecer a fondo un dos recursos básicos máis fundamental e orixe da vida, “a documentación e as normativas teñen cambiado moito nos últimos anos e faise imprescindible recibir formación para estar ao día e facer unha boa xestión dos recursos. As comunidades de augas xogan un importante papel e teñen un fondo arraigo en Galicia ao ser a auga un ben moi prezado por iso animo a todas as persoas a renovar coñecementos e a seguir aprendendo”.

