- A mecanografía, edición de textos e manexo de ordenador son as principais habilidades que se ensinarán nos cursos
O CeMIT da Guarda ofrece este verán cursos para adultos e nenos para iniciarse en ferramentas tecnolóxicas, que son básicas e imprescindibles a día de hoxe.
Para as persoas adultas, o curso céntrase no manexo do ordenador e internet e na edición de textos e mecanografía, pero tamén no manexo do teléfono móbil.
Para as nenas e nenos, ofrécese un curso en informática para aprender a ter un manexo do ordenador moi útil na súa vida escolar: mecanografía, edición de textos, presentacións e actividades…
Os cursos son gratuítos e comezarán o próximo luns 14 de xullo e estenderanse ata o 12 de setembro. Para pedir máis información sobre horarios e/ou inscribirse podedes achegarvos ao Centro Cultural. Todos as cursos impartiranse na aula CeMIT do Centro Cultural.