HomeBaixo MiñoA GuardaCursos de balde de informática para pequenos e grandes

Cursos de balde de informática para pequenos e grandes

- Anuncio -spot_img
  • Para os adultos ofrécese un curso de manexo de smartphones para aprender a usar aplicacións como WhatsApp ou SergasMóbil

O Concello da Guarda ofrece este outono cursos de balde para adultos e nenos para iniciarse en ferramentas tecnolóxicas, que son básicas e imprescindibles a día de hoxe.

Para as persoas adultas, haberá ata tres cursos dispoñibles: iniciación a informática e internet, edición de textos e mecanografía e tamén un curso de móbiles smartphone (aplicacións como WhatsApp, Sergas…).

Para as nenas e nenos, ofrécese un curso en informática para aprender a ter un manexo do ordenador moi útil na súa vida escolar: mecanografía, edición de textos, actividades, presentacións…

Os cursos son gratuítos e comezarán o 1 de outubro e estenderanse ata o 19 de decembro. Para pedir máis información sobre horarios e/ou inscribirse pode ser a través do 986611850 ou no Centro Cultural.

Todos os cursos impartiranse na aula CeMIT do Centro Cultural, con quenda de mañá para os cursos dos adultos e quendas de tarde para o curso de nenos e nenas.

Publicacións Relacionadas