Home Pontevedra O Condado Damián Copena presenta o seu traballo sobre comunidades de montes de Ponteareas,...

Damián Copena presenta o seu traballo sobre comunidades de montes de Ponteareas, gañador do VIII Premio Fermín Bouza Brey

- Anuncio -

Será este venres 26 de novembro no salón de plenos do Concello. As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse en bibliotecamuseo@ponteareas.gal ou no 986 660 765
O mestre Damián Copena, veciño de Ribadetea e profesor de Economía da Universidade de Oviedo, estará este venres 26 de novembro en Ponteareas presentando o traballo que resultou galardoado co VIII Premio de Investigación Fermín Bouza Brey. O acto será ás 20.30 horas no salón de plenos do Concello, onde Copena falará sobre o ‘Manexo comunitario dos recursos naturais: pasado, presente e futuro dos montes veciñais en man común de Ponteareas’.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, anima a toda a veciñanza a participar na presentación desta interesante investigación, nomeadamente a aquela que está vinculada ou interesada na xestión dos baldíos ou montes en man común. O traballo, premiado con 3.000 euros, afonda no importante papel das comunidades de montes e do relevante valor da materia prima e ben común que xestionan. O xurado destacou os obxectivos realistas do proxecto, a súa gran profundidade científica, a importancia da economía ecolóxica e a posta en valor dos baldíos de Ponteareas.

A importancia dos premios de investigación Fermín Bouza Brey é, precisamente, “visibilizar traballos e estudos relevantes con base científica, rigorosos e mesmo aplicábeis á mellora do noso día a día”, salienta o edil. Este galardón está aberto a proxectos de investigación dos ámbitos da historia, arqueoloxía, etnografía, literatura ou ciencias sociais que teñen como referente o municipio ponteareán e, de forma complementaria, a comarca do Condado.

As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse chamando ao 986 669 765 ou enviando un correo ao enderezo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.gal. A presentación do traballo será retransmitida por streaming a través da páxina de Facebook e da canle de Youtube do Concello.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas