Home Pontevedra A Paradanta Dan comezo as obras de mellora no entorno da Capela en Barcela

Dan comezo as obras de mellora no entorno da Capela en Barcela

- Anuncio -
  • O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Arbo, Horacio Gil, asinaban un convenio en novembro de 2023 a través do cal o goberno provincial financiará o 90% dos traballos para a mellora da mobilidade peonil na contorna da capela de San Xoán de Barcela. É dicir, achegará 370.000 euros, mentres que o Concello achegará o 10% restante: 40.000 euros.
  • O obxetivo principal é recuperar o actual espazo de tráfico rodado en beneficio do peón, limitando a velocidade dos vehículos no interior do espazo a 10 km/h mediante elementos redutores tales coma estreitamentos no espazo dispoñible para a circulación, cambios de pavimentos, mobiliario urbano, sinalización vertical, bolardos, etc…

Dan comezo as obras da Mellora da Mobilidade Peonil no entorno da Capela de Barcela, con un importe  das obras 405.509,66 €, subvencionadas no 90% pola Deputación de Pontevedra, ao abeiro dun convenio asinado entre o Presidente da Deputación Luis Lopez e o alcalde de Arbo, Horacio Gil no mes de novembro do 2023.

O Proxecto  Global de Mellora abrangue un ámbito de actuación de 4.120 m2 na área central do núcleo rural de Barcela, asentamento de altísimo valor patrimonial, histórico e social.

As actuacións proxectadas prevén a recuperación para o peón deste ámbito de gran valor patrimonial e o tratamento axeitado destes espazos heteroxéneos, buscando harmonizalos e cuns obxectivos específicos tales coma a creación dun espazo público de calidade, a mellora e aumento da superficie destinada ao peón e á bicicleta, con vías continuas e atractivas, así como o establecemento dun novo modelo de xerarquización viaria a nivel urbano, destinado a diminuír o impacto do vehículo privado e facilitar as conexións peonís no propio núcleo, derivando o tráfico rodado ao viario xeral.

O deseño dos espazos urbanos virá caracterizado principalmente pola posta en valor dos elementos patrimoniais, converténdoos nos protagonistas duns escenarios onde desenvolver diversas actividades de carácter peonil, na procura de intensificar as relacións sociais e de ocio entre os habitantes e visitantes do núcleo.

O respecto aos elementos culturais e aos espazos de actividade social tales como a Praza de Barcela, escenario habitual de celebracións e actos festivos, que conforman unha parte do patrimonio inmaterial do núcleo de Barcela.

O Concello de Arbo está a promover unha serie de actuacións no municipio de Arbo, de humanización que melloran a mobilidade peonil e a accesibilidade, á vez que poñen en valor os elementos patrimoniais, xerando espazos urbanos de alta calidade para o desfrute das persoas, nos diferentes núcleos rurais do municipio.

Relacionadas

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

Mos volta ser protagonista de La Vuelta na súa 80ª edición e cando cumpre...

0
Tras as etapas Mos-Sanabria de 2020 e Sanxenxo-Mos de 2021, o vindeiro ano 2025 a localidade mosense será meta da etapa 16, Poio-Mos, que...

Novo trazado proxecto no túnel Autovía Vigo-Porriño

0
-         Nidia Arévalo esixe de novo a gratuidade da AP-9 e que se recupere o trazado do proxecto en túnel que figura no PXOM mosense -         A...

A Deputación e o Clúster de Turismo fomentan entre os axentes turísticos o coñecemento...

0
“Cremos que é fundamental establecer estruturas de traballo que permitan que toda a cadea de valor do turismo en Galicia configure unha rede de...

O Concello de Portas métese de cheo no Nadal coa entrega de premios do...

0
O alcalde Ricardo Martínez aproveitará estes actos da fin de semana para felicitarlle as festas á veciñanza O concello de Portas vivirá unha fin de...

A Deputación visita en Poio a estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 na que se investirán...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitaron a zona na que, entre outras actuacións, se executará...

Publicacións Relacionadas