O pasado Domingo 16, na antesala do Día das Letras Galegas, celebrouse na cidade de Vigo o Campionato Galego de Esgrima a Florete. As instalacións municipais da ETEA foron as escollidas como sede do campionato máis importante da autonomía. Debido ás restricións concentráronse todas as categorías no mesmo día, polo que se xuntaron desde os pequenos M13 ata os Absolutos, pasando por M15 e M17.
O Club Esgrima Ciudad de Vigo participou con 3 rapazas e 1 rapaz na categoría M13 mixta. Primeira competición para moitos deles, polo que os nervios e inseguridades típicas dos primeiros pasos facían acto de presencia. Só Laura Novas foi quen de superar a fase previa de poules con 3 victorias, mentres que Paloma Nunes, Rodrigo Rabasa e Mar Pérez quedaban fora das directas cunha victoria cada un. Nas eliminatorias directas, Laura finalizou a competición en 10ª posición.
Na categoría absoluta feminina levaron as cores branco e negro do Ciudad de Vigo as tiradoras Rosa Cano, Marta Murias e Clary García. Mentres que as dúas últimas non pasaron a fase de grupos, Rosa Cano chegou as directas, onde perdeu por un axustado 14-11 o pase ás cobizadas medallas. Moi boa competición en liñas xerais para as dúas principiantes, mentres que a veterana espadista quedaba ás portas de repetir no florete a medalla conseguida no Galego de espada.
Foi na categoría masculina onde o Ciudad de Vigo foi quen de conseguir os resultados esperados por medio de Daniel Pinto Cano, fillo de Nena Cano. Cunha competición de menos a máis, na que lle custou conseguir o ritmo nos primeiros compases, foise afianzando co paso dos asaltos ata solventar contundentemente a final. Ouro conseguido e moi boas sensacións de cara ao Ranking Nacional a desputarse en Amposta (Tarragona) o vindeiro fin de semana. Un gran esforzo do CECVi que tivo a súa recompensa en forma de medalla de Ouro e moita aprendizaxe.



