HomeBaixo MiñoA GuardaDano Cerebral Galicia imparte unha charla de ‘Aproximación ao dano cerebral adquirido’...

Dano Cerebral Galicia imparte unha charla de ‘Aproximación ao dano cerebral adquirido’ na Guarda

- Anuncio -spot_img
  • Falarase das causas, como o ictus, da prevención, das secuelas ou dos recursos de atención a esta discapacidade

A Guarda acolle o próximo 11 de novembro unha charla ‘Aproximación ao dano cerebral adquirido’ de Dano Cerebral Galicia. Esta acción  ten como obxectivos informar sobre as causas -como o ictus ou os traumatismos cranioencefálicos-, describir as secuelas, sensibilizar sobre a prevención, e achegar referencias sobre os recursos de atención ao dano cerebral adquirido dispoñibles na

contorna.

Esta sesión informativa está organizada en colaboración co Concello da Guarda, e vai

ter lugar o martes, 11 de novembro, ás 17:30 no Salón de Plenos da Casa dos Alonso. É unha actividade aberta a todo tipo de público, dunha duración estimada de hora e media.

Aínda que a asistencia é de balde, é preciso inscribirse chamando ao 652 770 653 (Dano Cerebral Galicia) ou neste formulario: https://goo.su/GLG7v6

O dano cerebral adquirido é unha discapacidade que teñen en Galicia máis de 35.000 persoas. A súa incidencia incrementouse nos últimos anos, e continúa a medrar, especialmente polo aumento de casos de ictus. Ese aumento está motivado tanto polo envellecemento da poboación como polos cambios nos hábitos de vida (peor alimentación, máis sedentarismo, estrés, e moitos outros), ambos factores de risco do ictus.

Ademais do apoio do Concello, Dano Cerebral Galicia conta para esta actividade co

financiamento da Consellería de Política Social e Igualdade.

Publicacións Relacionadas