Home Pontevedra A Lama David Carrera e Jorge Cubela explorán vías de colaboración intermunicipal para mellorar...

David Carrera e Jorge Cubela explorán vías de colaboración intermunicipal para mellorar servizos á veciñanza

- Anuncio -

Ámbolos dous alcaldes profundizaron na procura de fórmulas de cooperación mutua para defender infraestruturas nos dous concellos e ampliar os servizos que se prestan conxuntamente en materia de residuos sólidos urbanos e o CIM

O alcalde do Concello da Lama, David Carrera, mantivo unha xuntanza de traballo co seu homólogo de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, nun encontro que se produciu no Consistorio lamense para explorar novas vías de colaboración intermunicipal para mellorar servizos á veciñanza.

Carrera agradeceu a visita a Jorge Cubela e manifestoulle o seu desexo de explorar novas fórmulas de cooperación mutua para defender infraestruturas viarias nos dous concellos e ampliar os servizos que se prestan conxuntamente á veciñanza en materias relacionadas co Centro de Información á Muller (CIM) e o sistema de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos.

Ámbolos dous rexedores coincidiron na importancia de impulsar sinerxias entre concellos veciños “que sempre se entenderon e colaboraron para poñer en marcha proxectos de especial interese como foi, por exemplo recentemente, o obradoiro de emprego que capacitou a persoas en situación de desemprego para facilitar a súa integración no mercado laboral”.

Carrera e Cubela manifestaron o seu desexo de seguir traballando e buscando fórmulas de colaboración non so en materia social e de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos senón tamén na defensa de proxectos de carácter estréxicos como a promoción do turismo de interior na comarca das Rías Baixas ou de reivindicación de infraestruturas e servizos a prol da veciñanza de ámbolos dous concellos.

Relacionadas

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

Mos volta ser protagonista de La Vuelta na súa 80ª edición e cando cumpre...

0
Tras as etapas Mos-Sanabria de 2020 e Sanxenxo-Mos de 2021, o vindeiro ano 2025 a localidade mosense será meta da etapa 16, Poio-Mos, que...

Novo trazado proxecto no túnel Autovía Vigo-Porriño

0
-         Nidia Arévalo esixe de novo a gratuidade da AP-9 e que se recupere o trazado do proxecto en túnel que figura no PXOM mosense -         A...

A Deputación e o Clúster de Turismo fomentan entre os axentes turísticos o coñecemento...

0
“Cremos que é fundamental establecer estruturas de traballo que permitan que toda a cadea de valor do turismo en Galicia configure unha rede de...

O Concello de Portas métese de cheo no Nadal coa entrega de premios do...

0
O alcalde Ricardo Martínez aproveitará estes actos da fin de semana para felicitarlle as festas á veciñanza O concello de Portas vivirá unha fin de...

A Deputación visita en Poio a estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 na que se investirán...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitaron a zona na que, entre outras actuacións, se executará...

Publicacións Relacionadas