Home Pontevedra A Lama David Carrera inspecciona os traballos de reparación e mellora dos parques infantís...

David Carrera inspecciona os traballos de reparación e mellora dos parques infantís de Antas e Gaxate dentro dun operativo municipal que afectará a todas as parroquias

- Anuncio -

O Concello da Lama destina uns 100.000 euros a reparar e ampliar con novos xogos as zonas de lecer dos cativos en todo o territorio municpal

O tenente de alcalde do Concello da Lama David Carrera realizou unha visita de inspección aos parques infantís de Antas e Gaxate onde a administración local acaba de realizar un importante investimento en reparación, modernización e mellora dos aparatos de xogo existentes e incorporando novos elementos para disfrute dos cativos do municipio.

O Concello da Lama ten previsto dedicar preto de 100.000 euros a este operativo co que se pretende intervir en todos e cada un dos parques infantís existentes no municipio levando labores de reparación, limpeza en profundidade e adaptación á normativa de seguridade europea dos xogos existentes así como a colocación, onde sexa preciso de novos elementos.

Así, en Gaxate se incorporou un aparato complexo composto por tobogán con cordas de trepar así como un novo columpio especialmente adaptado para os máis pequenos. Tamén se instalou un novo tapiz de caucho para garantir a seguridade dos nenos e nenas que usen estas instalación e se procedeu a dotar ao parque dun peche perimetral en madeira de pino tratada para darlle maior vistosidade así como protección para os usuarios.

Pola súa banda, en Antas, o parque infantil instalado xunto ao Casino sufriu unha intervención de limpeza e desinfección en profundidade, reparáronse os columpios, dotóuselle dun tobogán e tomáronse medidas de corrección de defectos detectados nas anclaxes e no caucho do que dispón este recinto lúdico para a cativanza.

O tenente de alcalde David Carrera manifestou que “son uns traballos necesarios que hai que acometer para modernizar este tipo de instalacións, adaptalas ás novas necesidades e normativas de seguridade europeas e tamén son un xeito de ofrecer aos máis cativos un lugar nas parroquias e lugares para que disfruten dun xeito activo e con tranquilidade para os seus pais e avós. En función da disponibilidade económica fumos renovando xogos, ampliando e mesmo reparando e repoñendo outros cun investimento total por parte do Concello que se achega aos 100.000 euros para todas estas instalacións no municipio”, indicou Carrera.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas