Estes días forneceuse a presenza de contedores e realizáronse reparacións nas luminarias e sistemas de subministración de auga nos camposantos
O tenente de alcalde, David Carrera, supervisou os resultados do amplio operativo de limpeza e conservacion de cemiterios levado a cabo polos operarios municipais do Concello da Lama co fin de que poidan estar en perfectas condicións para a celebración do Día de Defuntos.
Estes traballos contemplaban asimismo o reforzo da presenza de contedores e papeleiras e revisaron as conducións de auga e servizos públicos nos cemiterios do municipio co fin de favorecer as tarefas de limpeza que nestas datas acometen os residentes en cada unha das parroquias de cara a ter todo en perfectas condicións para acoller a celebración de Defuntos.
As brigadas municipais acondicionaron tamén as zonas axardinadas e dotáronse de máis contedores nas inmediacións dos camposantos incrementándose tamén neses lugares a frecuencia de recollida do lixo co fin de que estean en perfecto estado.
Tamén se revisaron e reprogramaron as luminarias das inmediacións dos cemiterios para que permanezan acesas durante máis horas nestes días. Tamén os operarios municipais levaron a cabo labores de reparación de billas de auga, papeleiras defectuosas e reposición de pedras ornamentais nas zonas axardinadas dos cemiterios. Tamén se procedeu á limpeza e baldeo con auga a presión en varios camposantos co fin de mellora-la imaxe destes recintos mortuorios.



