HomePontevedraDe Julio Verna a Rosalía: preto de 700 nenos e nenas amosan...

De Julio Verna a Rosalía: preto de 700 nenos e nenas amosan as súas creacións literarias nas xornadas “Espallar tinta”

- Anuncio -spot_img

– A Alameda Castelao acolleu está mañá a primeira xornada do IV “Espallar Tinta”, no que participan preto de 700 escolares de Infantil de Primaria dunha ducia de colexios. “A volta ao mundo”, a literatura de Julio Verne ou a poesía de Rosalía de Castro foron algúns dos temas que amosaron ao público.

– A alcaldesa, Digna Rivas, agradeceu a todos os centros a súa participación nesta feira na que o propio alumnado dá a coñecer as súas producións escritas en lingua galega. Para a alcaldesa é moi importante “facilitar espazos ao aire libre e abertos ao público onde os nenos e nenas poidan expresarse e amosar o seu traballo”. A rapazada puido gozar tamén do espectáculo do Show de Fifo.

“Espallar Tinta” chega á súa IV edición co obxectivo cumprido: “promover a dinamización da escritura e a literatura en galego na infancia”. Preto de 700 nenos e nenas dos diferentes centros de Educación Primaria e Infantil de Redondela danse cita na Alameda Castelao durante dous días para participar nesta fermosa iniciativa. Hoxe participou o alumnado dos colexios de Cedeira, Ventosela, Alexande Bóveda, EEI Marisma, Quintela e Colexio Vigo. Como novidade, nesta edición participou como convidado o CEIP Doutor Suárez, de Fornelos de Montes. Mañá estarán os centros Igrexa-Chapela, Santa Mariña, Outeiro das Penas,  San Pedro de Cesantes, Reboreda, e repiten Cedeira e Alexandre Bóveda. Como cada ano os colexios presentan orixinais traballos. Hoxe puidemos coñecer diferentes países coa “Volta ao mundo en 80 días”, e outras novelas de Julio Verne, así como poesía de Rosalía de Castro, entre outras propostas.

A alcaldesa, Digna Rivas, explica que “Espallar Tinta” é unha feira na que o propio alumnado dá a coñecer as súas producións escritas. Nestas dúas xornadas a infancia é a protagonista. Para a alcaldesa é moi importante “facilitar espazos ao aire libre e abertos ao público onde os nenos e nenas poidan expresarse con seguridade e amosar o seu traballo”. O concelleiro de Ensino, Alberto Álvarez, salientou tamén a importancia de actividades como esta “para favorecer a convivencia entre o alumnado e profesorado dos diferentes centros, e poder compartir proxectos e experiencias”. E para facer deste “Espallar Tinta” unha festa completa, a rapazada puido gozar do espectáculo “O Show de Fifo”, de Troula Animación, con maxia, xogos e moito humor. Todos os participantes recibiron tamén por parte do Concello un fermoso caderno serigrafiado coa mascota do evento.

“Espallar Tinta” é unha actividade financiada polo Concello de Redondela que partiu da iniciativa do CEIP Cedeira. A alcaldesa agradeceu o gran traballo deste centro, da súa ANPA, e da profesora Jessica Rodriguez Piñeiro “na organización dun evento desta magnitude”.

Publicacións Relacionadas