O CEIP Antonio Magariños amosa unha serie de deficiencias que lastran o seu uso ordinario. Varias delas son doadas de arranxar cun mínimo de atención por parte do Goberno municipal, ao que instamos que exerza a súa competencia no mantemento do centro.
Das deficiencias, tres son as que consideramos máis urxentes e merecedoras de atención. En primeiro lugar, a falta de limpeza de limpeza do patio, incluidos os caleiros e as baixantes de augas pluviais, que se limpan con carácter esporádico, cando se trata dunha tarefa que se debe realizar cunha periodicidade fixa.
En segundo lugar, das antigas vivendas dos mestres, una ficou sen derruir para adicala a fins do centro. Desde entón, permanece en desusos porque o Concello non cumpreu coa súa parte de arranxar o tellado. O edificio tamén está pendente de contar con instalación eléctrica e pintura, para o que é necesario antes reparar o tellado. Nesa área, é necesario cortar a herba e podar as árbores.
Por último, o centro segue agardando que o Concello repare o muro derruido á beira da escola.
Este verán, a Consellería de Educación e o Alcalde de Cambados se reuniron con representantes do centro, e prometeron realizar cada un parte das obras. As primeiras xa están feitas, pero das que se comprometeu o Alcalde inda non saben nada. En concreto, hai unha morea de escombro dende hai medio ano sen que pasaran a retiralo. Entre tanto, os alumnos non poden usar esa horta. Outras deficiencias son as seguintes:
● A entrada do pavillón ten goteiras.
● Falta colocar un falso teito na aula de música
● A cortina do comedor está estropeada.
● Na aula de informática salta o limitador do sistema eléctrico.
● Hai que arranxar dous bancos de madeira no entrada principal do colexio e limpala.
● O patio grande precisa de bancos e mesas para o alumnado.
Por medio deste escrito, instamos oa Goberno municipal de Cambados a adoptar as medidas necesarias para solucionar estes problemas do centro referido, que entran na súa competencia e para os cales xa se comprometeu, se ben non fixo nada despois.



