Home Deputacións Deputación Pontevedra "Degusta Europa" repartiu no mercado de Gondomar preto de 1.400 tapas de...

“Degusta Europa” repartiu no mercado de Gondomar preto de 1.400 tapas de países europeos elaboradas con productos locais

- Anuncio -

As persoas que se achegaron ata o mercado municipal puideron probar de primeira man o menú con influenzas europeas elaborado polo alumnado do CIFP Manuel Antonio de Vigo

“Degusta Europa” continúa este xoves, 26 de maio, no Mercado do Progreso de Vigo, e rematará no Mercado da Guarda o martes 31

Preparacións gastronómicas típicas de diferentes países europeos readaptadas con produtos de quilómetro cero, da provincia de Pontevedra, convertéronse en protagonistas no Mercado de Gondomar a través do programa da Deputación de Pontevedra “Degusta Europa”. Un grupo de 40 alumnas e alumnos e profesorado do CIFP Manuel Antonio de Vigo foron as e os encargadas/os de elaborar ata preto de 1.400 tapas que ofreceron á veciñanza da vila, ao deputado e á deputada provinciais, Santos Héctor Rodríguez e Iria Lamas, e a concelleiras e concelleiros de Gondomar entre os que se atopaban Rocío Goberna, Brais Misa, Nuria Lameiro e José Manuel Chamorro.

Dende cunca da horta de cabaza asada, escuma de patacas e aire de ceboliño ata tosta de cabala afumada, risoto cremoso de grelos con espeto de galiña, esfiado de porco a baixa temperatura en pan de pita, bucle de calamar crocante sobre produtos da terra, vasiños de iogur e crema de marmelo, enreixado de cabelo de anxo, melindres e torta das Rías Baixas, foron as degustacións preparadas polo alumnado do CIFP Manuel Antonio que se puideron desfrutar no ateigado Mercado de Gondomar.

O programa “Degusta Europa”, que lanzou no 2016 a Deputación de Pontevedra para conmemorar o Día de Europa, desenvólvese en Mercados e Prazas de Abastos de concellos da provincia dinamizándoos da man de dous centros que representan a innovación e vangarda gastronómica, o CIFP Manuel Antonio de Vigo e o CIFP Carlos Oroza de Pontevedra cuxo alumnado e profesorado encárganse da preparación das tapas. Este ano, as propostas gastronómicas inspíranse en pratos franceses, italianos, suízos, gregos, daneses, checos, holandeses, belgas e irlandeses readaptados con produtos de quilómetro cero. Tralo paso por Gondomar, e ter recorrido xa O Grove, Mondariz e Pontevedra, onde xa se distribuíron preto de 4.000 tapas, o periplo do “Degusta Europa” continuará este xoves, 26 de maio, no mercado do Progreso de Vigo, e rematará o 31 de maio no mercado da Guarda.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Publicacións Relacionadas