Home Vigo Mos Delito contra a saúde pública

Delito contra a saúde pública

- Anuncio -

Detido un home de 50 anos do Porriño por un delito contra a saúde pública

O día 03 de decembro do ano en curso, mentres se realiza servizo de patrulla polo termo municipal de Mos, concretamente na parroquia de Sanguiñeda, obsérvase un vehículo nunha zona apartada, o cal levanta as sospeitas dos Axentes de servizo.

Ao observar a presenza policial o ocupante do mesmo abandona o seu posto de condución introducíndose nunha zona boscosa, cando os Axentes chegan á súa altura poden observar como este home disimula facendo coma se buscase algo entre a maleza.

Realízase un rexistro superficial do vehículo, observando dous teléfonos móbiles e varios moedeiros con diñeiro, así mesmo búscase entre a maleza recuperando outra carteira a cal no seu interior ocultaba gran cantidade de dose do que parecía ser substancia estupefaciente, atopándose xa separadas en envoltorios individuais e con inscricións identificativas.

Solicítase cooperación a Garda Civil, enviando o Instituto Armado unha patrulla que colabora activamente no traslado do detido, efectos e vehículo a Xefatura de Policía Local, onde se practican as primeiras dilixencias para o seu posterior traslado ao Posto da Garda Civil de Mos e posta a disposición xudicial.

En concreto ocupáronselle, ademais dos dous teléfonos móbiles, un total de 25 dose de suposta substancia estupefaciente, así como máis de 350 € en billetes e moedas de diferentes cantidades.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas