Home O Condado As Neves "DepoAuga" esgota en menos dunha hora as prazas para a saída polo...

“DepoAuga” esgota en menos dunha hora as prazas para a saída polo río Miño ao seu paso polas neves

- Anuncio -

Con esta actividade preto de 60 persoas realizarán o sábado 28 de agosto unha ruta guiada en táboas de paddle surf ou kayak

Despois de que este pasado domingo se estreara por todo o alto “Depoauga” no concello da Cañiza, hoxe abriuse o prazo de inscrición para a segunda das súas actividades con tal aceptación que fixo que en menos dunha hora se esgotaran todas as prazas para percorrer o río Miño ao seu paso polo concello das Neves. A saída terá lugar o sábado 28 de agosto e con ela “DepoAuga” -a novidade da programación estival da Deputación de Pontevedra- afiánzase como unha das actividades de referencia no verán da provincia.

Nesta segunda ruta, preto de 60 persoas realizarán unha excursión guiada que comezará na praia fluvial situada nas proximidades da área recreativa de Santa Mariña, nas Neves. A visita está pensada para todos os públicos e levarase a cabo sobre unha táboa de paddle surf ou en kayak. Ademais, para garantir as medidas de seguridade, haberá catro quendas distintas que comezarán a percorrer o Miño ás 11.00 horas.

Malia que esta é a última das saídas de “DepoAuga”, as actividades de “Aviventa o Deporte” continuarán ata o mes de outubro espallando os hábitos de vida saudables por toda a provincia á vez que descobren ás persoas que participan nelas recunchos nos que poder desfrutar da natureza. Deste xeito, estas saídas da Deputación están dirixidas a todas aquelas persoas que gocen do deporte en contacto coa natureza e aposten por actividades sustentables.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas