Home Pontevedra A Paradanta Descubre a Vía Mariana ao seu paso polo Concello de Covelo

Descubre a Vía Mariana ao seu paso polo Concello de Covelo

- Anuncio -

Os sábados 17 e 24 de setembro poderán descubrir os recunchos máis fermosos e descoñecidos da contorna de Covelo da man dun biólogo e guía de montaña

O Concello de Covelo abre listas para a inscrición nos roteiros por etapas da Vía Mariana ao seu paso por Covelo. Será os sábados 17 e 24 de setembro. O sábado, 17 de setembro, a saída será no Alto da Coroación (A Franqueira – A Cañiza) para chegar ata o centro de Covelo.

O sábado, 24 de setembro comezarán en Covelo e camiñarán ata a Portela do Foxo, entre os concellos de Covelo e Fornelos de Montes. Alí, terán a posibilidade de volver a Covelo nun minibús.

Estas actividades turístico-deportivas están organizadas polo Concello de Covelo e a Deputación de Pontevedra. As persoas participantes estarán acompañadas por un guía de montaña, biólogo e fotógrafo.

O prazo para realizar as inscricións sigue aberto ata esgotar as prazas e pódese realizar no teléfono 654.500.652.

A Vía Mariana ofrece percorridos naturais inmersos na natureza e brinda a oportunidade de descubrir recunchos tan fermosos como descoñecidos, gozar das mellores vistas e rodearse da fauna e flora dos nosos montes.

Relacionadas

O Concello de Nigrán inaugura o muíño de Porto do Molle este sábado con...

0
A festa, aberta a toda a veciñanza, terá lugar a partir das 11:30 horas coa presenza das 'Pandereteiras do Sobreiro', a proxección da curta...

O Concello de Redondela mantense firme na necesidade de recuperar o cargadoiro Coto Wagner

0
-A alcaldesa de Redondela e o novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo mantiveron esta mañá a primeira reunión oficial dende o relevo de...

Máis de 650 escolares asisten este venres ao XV Tui Le no Teatro Municipal

0
É unha xornada de animación á lectura organizada pola Biblioteca Municipal e as bibliotecas escolares Este venres, 19 de abril, celébrase, no Teatro Municipal de...

A xestión do concello permite ao comedor escolar da Lama beneficiarse do programa “Come...

0
Concello, Xunta e CEIP da Lama colaboran para achegar ao alumnado unha dieta san a base de produtos galegos de calidade, proximidade e con...

As elaboracións do Obradoiro de Emprego de Pesca serán doadas ao Comedor Social

0
A concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, visitou recentemente as prácticas de fileteado de peixe que se están a desenvolver no Espazo Emprendedor  A pasada...

O Concello licitará 8 postos nas Prazas de Abastos de Marín e Seixo

0
A Xunta de Goberno Local deu luz verde aos pregos que rexerán o concurso público. Son 4 postos en cada un dos mercados, destinados...

Publicacións Relacionadas