HomeO MorrazoCangasDesde Alternativa queremos facer saber a parálise que sufre o concello desde...

Desde Alternativa queremos facer saber a parálise que sufre o concello desde fai dous meses, en proxectos de vital importancia

- Anuncio -spot_img

Desde Alternativa queremos facer saber a parálise que sufre o concello desde fai dous meses, en proxectos de vital importancia tanto para a veciñanza como para determinadas instalación e clubes.
O anterior Goberno chegáramos a un acordo co Fútbol Club Alondras no cambio da iluminación do Campo de Fútbol por iluminación Led, xa que a iluminación existente era insuficiente para disputar os partidos da Liga e así llo facía chegar en informes ao Club, podendo incluso inhabilitar a realización de partidos en dito campo por culpa de esa situación , o Goberno leva a cabo un proxecto de cambio a iluminación Led dos focos e como establece a normativa de eficiencia enerxética, supoñendo ademáis un aforro na factura eléctrica da que se fai cargo o Concello.
É requisito imprescindible por parte da Liga a correcta iluminación dos campos de fútbol para que se poidan rexistras aos equipos nas súas categorías.
Por ese motivo se comezou con una licitación e con prazos para rematar as obras antes de comezo da liga e presentación do equipo que se levará a acabo o para o cambio de dita de setembro. Con data 09.06.2023 o Goberno anterior en función e tendo en conta a importancia de esta obra para o Club e da participación de toda a base deportiva coa que conta dito club realizouse a mesa de contratacións para a súa adxudicación.
Desde ese intre o Goberno actual non tocou o expedente, deixando pendente todas as licitacións en proceso incluido esta, obra que era esencial haber adxudicado pois as obras deberían realizarse no mes de Agosto, xa que en Setembro comeza a Liga.
Por todo elo, si existen problemas co rexistro dos equipos na liga 2023-2024 ou a realización de determinados partidos a única responsabilidade será de que non se levou a cabo nin un trámite para que o expedente se rematara e así a empresa comezara o seu traballo.

Pedimos dunha vez que o Goberno se poña a traballar, xa que quitarse fotos non é traballar e existen como esta moitas outras licitacións completamente paralizadas que suponen un perxuizo para veciñanza .

Publicacións Relacionadas