O Concello de Bueu celebrou este mércores, 22 de febreiro, o Desfile do Enterriño da Sardiña, no que participaron as asociacións de nais e pais da vila e diversos colectivos infantís. O percorrido iniciouse na Praza do Concello ás 17 horas da man dunha sardiña xigante elaborada con globos, detrás das que foron as demais carrozas e grupos polas rúas de Montero Ríos, Alexandre Boveda, Pazos Fontenla, culminando no punto de inicio co estoupido dos globos por parte das persoas participantes.
Este desfile infantil recúperase tras dous anos de parón debido á Covid, e mañá os máis pequenos e pequenas terán festa de disfraces na carpa da Praza Massó a partir das 17 horas.
O domingo é a quenda do Desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro, que se iniciará ás 17 horas e que incluirá a queima na praia da Banda do Río, despois do tradicional percorrido polas rúas do casco urbano.



