HomePontevedraDetectada unha vertedura nunha zona de monte de Saxamode

Detectada unha vertedura nunha zona de monte de Saxamode

- Anuncio -spot_img

Na tarde de onte axentes da Policía Local de Redondela foron requiridos por unha vertedura de augas fecais no monte. Foi unha veciña de San Estebo de Negros a que deu o aviso tras localizar a vertedura na zona de Saxamonde. Axentes da policía deron coa súa orixe nunha arqueta no camiño do Balado. Deuse aviso a Augas de Galicia, que acudiu ao lugar e tomou mostras. Tamén se achegaron á zona operarios da empresa Aqualia, concesionaria do servizo de saneamento. Estes traballadores manifestaron posteriormente que a vertedura podería terse producido por un atoamento na rede causado polas raíces das árbores. Colaborou Protección Civil de Redondela.

Publicacións Relacionadas