Detido un home por agredir a súa exparella dándolle unha patada nun costado

adminON
Lectura mínima de 1

A Policía Local detivo na tarde do sábado a un home como presunto autor dun delito de violencia de xénero cometido esa mesma tarde contra a súa exparella no rural pontevedrés.

Os feitos recollidos no informe policial e relatados pola vítima, nada en 1989, indican que o detido, nado en 1990, estaba agardándoa no exterior da súa vivenda cando ela chegou en coche acompañada doutras dúas persoas. Cando ela baixou do vehículo, el doulle unha patada nun costado que lle obrigou a acudir a un centro médico para ser tratada.

A vítima foi defendida por un dos acompañantes do vehículo.
O detido foi localizado pola Policía local na cidade e confirmaron que se trata dunha persoa sobre o que consta unha orde de afastamento doutra vítima por violencia de xénero.

Comparte este artigo