Policía Local e Garda Civil detiveron a un home de 51 anos, veciño do Porriño, por presunto delito de violencia de xénero. A vítima, a súa muller de 53 anos, presentaba un forte golpe na cabeza e ingresou no Hospital Alvaro Cunqueiro, en Vigo cun traumatismo cranial.
Os feitos aconteceron na pasada madrugada. Ás 4,10 horas de hoxe, Policía Local recibiu unha chamada que avisaba de que unha muller estaba a ser agredida pola súa parella no domicilio común, nunha parroquia do concello do Porriño.
A intervención conxunta de Policía Local e Garda Civil acadou auxiliar á vítima e deter ao agresor que foi trasladado ás dependencias da Benemérita para a instrución das dilixencias e posta a disposición xudicial.