Home Pontevedra Deza A UNED en Pontevedra avanza nun convenio de colaboración de axuda educativa...

A UNED en Pontevedra avanza nun convenio de colaboración de axuda educativa á inclusión de inmigrantes coa Asociación Carabelo de Lalín

- Anuncio -

Pon en marcha un curso de español na aula Univesitaria lalinense especialmente dirixido a familias inmigrantes.

Facilitará profesores para dar clases de reforzo en matemáticas, física e química en nivel de bacharelato a mozos inmigrantes e poñerá en marcha unha aula de informática poñendo ao dispor do alumnado 4 computadores da Universidade de Educación a Distancia.

Impulsará a realización de prácticas na Asociación Carabelo de alumnos ou graduados da UNED en psicoloxía, educación social e educación infantil.

O Centro Asociado da UNED en Pontevedra avanza, a través da súa Aula Universitaria de Lalín, na firma dun convenio de colaboración en materia de axuda educativa coa Asociación Carabelo, cuxos fins son o apoio á inclusión de familias en risco de exclusión social, especialmente inmigrantes.

O director da UNED en Pontevedra, Víctor M. González Sánchez, acompañado polo coordinador de Extensión Universitaria e Actividades Culturais, Rafael Cotelo, o subdirector económico do centro, Alfonso Vázquez, e a coordinador da aula Universitaria en Lalín, José Antonio Rodríguez Fernández, mantiveron unha reunión de traballo coa presidenta da Asociación Carabelo, Valentina Díaz, para avanzar sobre un acordo que permitirá unha estreita colaboración educativa entre ambas as institucións.

O convenio vira en torno ao reforzo por parte da UNED da atención educativa que presta a Asociación Carabelo ao colectivo de inmigrantes que residen na comarca do Deza. Así, acaba de poñerse en marcha un curso de preparación de exames para a obtención do A-1 e A-2 de español, especialmente indicado para inmigrantes e refuxiados que chegan ao noso país e que será impartido nos locais da propia asociación dentro do desexo da coordinador da aula Universitaria de Lalín, José Antonio Rodríguez Fernández, de imbricar esta institución universitaria na propia sociedade lalinense.

Este curso de español terá unha duración de 30 horas e impartirase do 30 de marzo ao 8 de xuño os mércores en horario de 9:30 a 11 horas no caso do A-1 e de 11 a 12:30 horas no de A-2. O prezo por alumno será de 10 euros que poderán ser obxecto dunha bolsa no caso de que as condicións socioeconómicas da persoa interesada neste curso condicione a súa participación no mesmo.

PRÁCTICAS DE PSICOLOXÍA, EDUCACIÓN SOCIAL, EDUCACIÓN INFANTIL E UNHA AULA DE ALFABETIZACIÓN INFORMÁTICA PARA AXUDAR A SUPERAR A FRACTURA TECNOLÓXICA EN PERSOAS CON RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

As conversacións entre a UNED e a Asociación Carabelo avanzan por bo camiño e entre as demandas propostas pola asociación lalinense figura a posibilidade de conveniar que graduados ou alumnos de Psicoloxía, Educación Social e Educación Infantil poidan facer as súas prácticas supervisadas polo centro universitario na propia Asociación co fin de reforzar tamén a atención que este colectivo en risco de exclusión social ten nestas materias.

Tamén desde a Asociación solicitaron a colaboración da UNED para que se facilitase a presenza de profesores que puidesen impartir materias de Matemáticas, Física e Química de nivel académico de Bacharelato co fin de atender tamén as demandas nestas materias das familias de inmigrantes ou en situación de risco de exclusión social.

Por último, os directivos da UNED en Pontevedra mostráronse dispostos a contribuír a eliminar socialmente a fractura tecnolóxica que sofre este colectivo e anunciaron a súa dispoñibilidade de constituír unha aula de informática en Lalín a través da instalación inicial de 4 computadores que permitisen a realización de cursos de alfabetización informática.

Os directivos da UNED valoraron moi positivamente a reunión e mostraron o seu interese en seguir avanzando polo camiño de colaboración que se materializará na firma dun convenio que se fará efectivo unha vez que se vaian completando as fases de implementación dos distintos programas de colaboración.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas