Home Pontevedra Deza A Xunta participa na inauguración do Estadio Manuel Anxo Cortizo de Lalín...

A Xunta participa na inauguración do Estadio Manuel Anxo Cortizo de Lalín tras unha reforma que atenderá as necesidades de 600 deportistas

- Anuncio -

_A inauguración tivo lugar onte venres cun partido inaugural entre o CD Lalín e o Ourense CF de Segunda RFEF e contou coa presenza do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa e mais do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López

_A Xunta de Galicia aportou 450.000 euros para a instalación dun céspede de última xeración avalado pola FIFA e as federacións de rugby e fútbol gaélico.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, participou onte venres na inauguración do estadio Manuel Anxo Cortizo tras a reforma que contou cun orzamento de máis de 700.000 euros, dos cales a Xunta de Galicia achegou o 65% (450.000 euros), e o concello o 35% restante (250.000 euros).

Lete Lasa fixo mención ao veciño que lle dá nome ao estadio, Manuel Anxo Cortizo, e destacou a súa faceta de ex concelleiro e presidente ata en dúas ocasións do CD Lalín, club ao cal non deixou de animar ata pouco antes do seu pasamento no ano 2013. “Por todo iso, o Concello de Lalín decidiu distinguilo como Lalilense do ano en 2010, un recoñecemento máis que merecido e que esperemos sexa de inspiración para todos os veciños desta vila”, indicou o mandatario.

As reformas do estadio Manuel Anxo Cortizo inauguráronse ademais cun partido amigable entre o CD Lalín, que milita actualmente na Primeira Galicia de fútbol, e o Ourense CF, equipo de Seguda RFEF, enfrontamento que tamén dará paso ao comezo da competición oficial do equipo local.

As obras realizadas no estadio de fútbol supuxeron a substitución do antigo céspede de herba natural, xa en malas condicións, por un novo terreo de xogo de céspede artificial de última xeración que permita un máximo grao de uso cun mínimo mantemento. Para a realización destas obras foi necesario retirar os restos do antigo terreo co obxectivo de instalar unha nova base para o céspede xunto coa instalación dun novo sistema de drenaxe e rede de rego, o valado do campo, equipamento e a súa marcación. Nas verbas do secretario xeral “non só beneficiará aos máis de 200 nenos que practican fútbol en Lalín, senón que tamén o fará co atletismo, o rugby ou o fútbol gaélico que utilizan estas instalacións e que en total, suman un total de 600 deportistas que verán a súa contorna cotiá de práctica deportiva optimizado”.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas