Home Pontevedra Deza Inauguración PontiPista de Xeo

Inauguración PontiPista de Xeo

- Anuncio -

Andrés Bahillo, Director Generente do Pontiñas Centro Comercial e de Lecer Gadis, Teresa Romero, representante de comerciantes e membro da Xunta Directiva do Centro, Avelino Souto e Karen Fernández, concelleiros do Concello de Lalín, presentaron esta mañá ás 12.00 h no Pontiñas Centro Comercial e de Lecer Gadis a pista de xeo colocada na chaira do propio centro comercial.

Despois de 6 anos, Lalín volve ter pista de xeo grazas ao acordo entre Pontiñas CC e de Lecer Gadis e o Concello de Lalín. A empresa Atlántida instalou unha pista de xeo natural de 300 m2 co seu sistema exclusivo de tubaxes de aluminio patentado pola empresa internacional de pistas de xeo Ice World e da cal Atlántida é representante exclusivo en España.

A pista de xeo pódese gozar ata o 8 de xaneiro. Grazas a esta localización, o público que desexe acudir á pista de xeo contará con oferta para aparcar facilmente o seu vehículo ademais de poder consumir dentro do centro comercial.

O convenio entre o Concello de Lalín e o Pontiñas ccyo Gadis supón unha alianza que poden gozar todos os veciños e veciñas de Lalín e arredores e que enriquece a oferta cultural do pobo durante a campaña de Nadal.

O prezo da entrada é de 5,5€ en sesións de 30 minutos cun prezo especial para colexios de 2€.

De luns a venres en horario de 10:00 h a 13:00 h a pista estará dispoñible para os colexios e nas tardes para o público en xeral nun horario de 17:00 h a 21:00 h. As fins de semana, festivos 11:00 h a 21:00 h.

Ademais, o Pontiñas centro comercial e de lecer Gadis conta cunha oferta exclusiva para os seus clientes onde regalan invitacións gratuítas por compra superiores a 35 € dentro dos seus establecementos.

Relacionadas

O programa Navega con Rumbo chega ao IES VAL DO TEA

0
A Escola de Nais e Pais do IES Val do Tea acolle a súa segunda xornada. O programa Navega con Rumbo da Consellería de...

O BNG de Meaño lamenta que os grupos da corporación municipal non apoiaran a...

0
A Alcaldía non admitiu a debate a moción de urxencia sobre os verquidos do Río da Chanca. O BNG de Meaño defendeu no Pleno celebrado...

Luis López sinala o turismo e a hostalaría como dous motores para o desenvolvemento...

0
O presidente da Deputación participa na entrega de premios aos profesionais do sector que organizan as asociacións provinciais de empresarios da hostalaría e hospedaxe A...

Abre a presentación de ofertas para explotar o Bar de Portocelo

0
A concesión será por dous anos, con posibilidade de prórroga doutros dous, cunha proposta de renda mensual de 236 euros, máis IVE. O prazo...

Ampliase o prazo do sorteo de 100 tarxetas regalo polo Día da Nai

0
O Concello ampliou o sorteo de tarxetas regalo ata o 5 de maio, a partir de 30 euros de compra. As persoas participantes poderán...

Abre a convocatoria de participación na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu vén de...

Publicacións Relacionadas