Home Deputacións Deputación Pontevedra Todo listo para a estrea do Mundial de Enduro GP 2022 que...

Todo listo para a estrea do Mundial de Enduro GP 2022 que terá lugar en Lalín do 6 ao 8 de maio

- Anuncio -

O deputado Gorka Gómez e o presidente da Federación Galega de Motociclismo, Jose Canda, subliñaron na presentación do evento no Pazo Provincial a importancia desta cita, que achegará á provincia a milleiros de persoas

Todo está xa preparado para a esperada cita que do 6 ao 8 de maio subirá á provincia de Pontevedra ao podio do motociclismo internacional, a estrea do Mundial de Enduro GP 2022 en Lalín, unha competición que reunirá a un centenar das e dos mellores pilotos desta dura especialidade, procedentes de 17 países. O deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez, presentou a cita no Pazo Provincial acompañado da deputada de Igualdade Victoria Alonso e do presidente da Federación Galega de Motociclismo, Jose Canda, subliñando a importancia deste evento, única proba do Mundial que se celebrará en España, e que prevé que se acheguen milleiros de persoas ao territorio.

“Hai que destacar o esforzo feito polo club Móvete na Moto e a federación por traer esta proba de tanta importancia a Lalín –destacou Gorka Gómez-. Non é doado despois do contexto que pasamos e xa se tentou no 2020. Este magnífico evento mundial está na liña que busca a Deputación de atraer grandes citas deportivas que xeren economía no noso territorio. E hai que destacar que toda a comarca e a provincia veranse beneficiadas. Estímase que se ocuparán 3.000 habitacións e xa están hoteis cheos, o que fala do que mobiliza esta proba, que traerá a ás e aos mellores do país mundo desta especialidade que darán todo un espectáculo”. Gómez enxalzou o papel “activo” do club lalinense na organización destes eventos “que benefician tanto ao territorio”, agradeceu ás administracións implicadas o seu apoio, así como especialmente o esforzo das empresas que están a apoiar a cita na actual situación económica. Amosouse convencido de que o Mundial “vai ser un éxito” e vai propiciar futuras probas e animou á cidadanía a involucrarse e asistir ás carreiras.

Pola súa banda, o presidente Jose Canda, que estivo acompañado polo presidente do club Móvete na Moto, Ángel Arca, agradeceu de xeito especial o apoio da Deputación a esta proba do Mundial, “porque sen a súa colaboración sería imposible” a organización. “Non foi doado traer a proba a esta terra e é un logro para o club e para toda a provincia”, apuntou. Definiu o enduro como “unha proba de resistencia entre o home e a máquina, que é a moto” e puxo en valor, ao igual que Gorka Gómez, o feito de que se estea a incrementar o número de mulleres que participan nesta especialidade. En concreto, en Lalín o farán 7, das que unha é española, Mireia Badía. “É moi importante que se animen a competir neste deporte, que tradicionalmente foi masculino pero que está a romper os teitos de cristal e desde a nosa institución apoiamos”, sinalou o deputado.

Canda explicou máis polo miúdo o calendario dos tres días da carreira, que terá como escenarios Lalín e Vilatuxe e reunirá a 93 homes e 7 mulleres. Entre os 12 pilotos españois estarán catro galegos: Gonzalo García (Vigo), Jorge Paradelo (O Barco), Martin Riobó (Abegondo) e César García (Oleiros). A cita comezará o venres 6 cunha primeira proba de dúas horas no centro de Lalín e o sábado 7 e o domingo 8 seguirase un mesmo esquema de carreira, con saída ás 9 e un percorrido de 75 quilómetros ao que se darán tres voltas no caso dos homes e dúas no das mulleres. Serán unhas sete horas de competición por xornada. O Súper Test e a Xtrema estarán emprazados en Lalín, mentres que para presenciar o Enduro Test e a Cross Test haberá que desprazarse ata Vilatuxe.

Despois de Lalín, o Mundial de Enduro GP continuará ata o mes de outubro coas probas que se celebrarán en Portugal (13-15 de maio); Italia (24 ao 26 de xuño); Suecia (2 ao 4 de xullo); Hungría (do 29 ao 31 de xullo) e Alemaña (do 14 ao 16 de outubro).

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas