Home O Morrazo Cangas Día Internacional das Mulleres Traballadoras concsello municipal de Igualdade

Día Internacional das Mulleres Traballadoras concsello municipal de Igualdade

- Anuncio -

Exposición “Recuperando a Historia das Miñas Veciñas II”. Concello de Cangas. Do 2 ao 13
de marzo. Bibliotecas de Aldán, Hio, Coiro e Darbo. Do 14 marzo ao 14 de abril.

Esta exposición está elaborada cos traballos feitos en marzo de 2022 polo alumnado dos Centros Educativos: Ceip Castrillón, Colexio Compañía de María, Ceip O Hío e a Asociación Cultural A Cepa. As Mulleres sobre as que traballaron son: Casilda García Alfaro, Mónica Camaño, María Soliño, Olga Sotelo, Teresa Portela Rivas e Carmen Sotelo Gutiérrez.

Venres 3 de marzo
19:30 Exposición “Mulleres” José Montejano. Música Elena Portela Ríos e Lucía Acevedo
Domínguez alumnas do Conservatorio Profesional de Música de Cangas. Sala exposicións Casa da Bola. Ata o 31 de marzo. Organiza Adicam

Mércores 8M
18:00h “Mulleres de pedra” con María da Pontragha. Contacontos familiar na Capela do Hospital. Entrada libre.
Mulleres duras coma pedras sempre as houbo e haberá, foron rolando polos camiños as súas historias ata chegar aquí hoxe!! Escoita, escoita….
María da Pontragha é educadora e antropóloga, dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en sí.
20:00h Manifestación saída da Praza do Concello
Lectura Manifesto

Xoves 9 de marzo
20:00h Charla “Mulleres na República/Mulleres no Franquismo: a ilusión quebrada” Mari Álvarez Lires. Salón de Plenos do Concello de Cangas.
Organiza Asociación Memoria Histórica 28 de agosto.

Venres 10 de marzo
18:00 Proxección película infantil Raia e o último dragón en colaboración co Cineclub Cangas. Entrada libre. Auditorio.
Título orixinal: Raya and the last dragon
Ano:2021

Duración: 114´
Dirección: Don Hall, Carlos López Estrada, Paul Briggs, John Ripa
No fantástico mundo de Kumandra, humanos/as e dragóns viviron xuntos fai moito tempo en harmonía. Pero cando as forzas do mal ameazaron o territorio, os dragóns sacrificáronse para salvar a humanidade. Agora, 500 anos despois, esas mesmas forzas malignas retornaron e Raia, unha guerreira solitaria, terá que atopar ao último dragón para reconstruír un mundo destruído e volver unir ao seu pobo.
2021: Premios Oscar: Candidata a mellor película de animación
2021: Globos de Oro: Candidata a mellor filme de animación
2021: Premios Annie: 10 candidaturas, incluíndo mellor película
2021: Critics Choice Awards: Candidata a mellor longametraxe de animación
2021: Sindicato de Productores/as (PGA): Candidata a mellor película de animación

Sábado 11
10:30 Ruta “Historia das Mulleres de Cangas” A Illa dos Ratos. (inscrición previa no whatsapp 611080853)

Venres 17
21:00h Proxección documental María Lejárraga en colaboración co Cineclub de Cangas. Entrada libre. Auditorio.
Ficha técnica:
Título orixinal: A las mujeres de España. María Lejárraga
Ano: 2022
Duración: 88 minutos
Dirección: Laura Hojman
Documental ficcionado que narra a historia de María Lejárraga, escritora e pioneira do feminismo en España durante os anos 20 do século pasado, cuxa produción viu a luz baixo o nome do seu marido, o empresario teatral Gregorio Martínez. A dramaturga española máis prolífica de todos os tempos, autora de obras como Canción de cuna, levada ao cine en cinco ocasións, ou do libreto de El amor brujo, de Falla, foi ademais deputada pola segunda República e fundadora de proxectos pioneiros para os dereitos e as liberdades das Mulleres.
Premios:

2022:Premios Goya: Candidata a mellor documental

2022:Premios Feroz: Candidata a Feroz Arrebato de non ficción.

Xoves 30 de marzo
18:00h Charla “Mulleres esquecidas do noso mar” con Mari Alvárez Lires, Doutora en Química, pertencente ao comité asesor en Igualdade da Universidade de Vigo. Inauguración da exposición “Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” e “O mar das mulleres. Sustentable e produtivo”. Proxecto da Deputación de Pontevedra. Do 30 de marzo ao 28 de abril no Auditorio Xosé Manuel Pazos Varela.
Exposición
Dous proxectos que afondan no papel destacado e, moitas veces invisibilizado, que as mulleres tiveron ao longo da historia na sustentabilidade do mar e no uso responsable dos recursos mariños. Mariscadoras, redeiras, traballadoras da salga e da conserva, investigadoras mariñas e en educación, de hoxe e do pasado tiveron, teñen e terán un papel determinante no uso dos recursos mariños dun xeito responsable que garanta o seu futuro.
A través de vídeos, imaxes , entrevistas e documentación recollida por toda a xeografía galega, este proxecto no que participan a Deputación Provincial de Pontevedra, a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e o Campus de Excelencia Internacional Campus do
Mar, coa colaboración do Museo Massó, dá voz ás mulleres que teñen o mar como medio de
vida para que aporten a súa visión sobre a importancia e os beneficios da conservación dos
océanos sustentables.
Proxecto “Recuperando a Historia das miñas Veciñas III”. Centros educativos de primaria e secundaria. Mes de marzo
Este proxecto está dirixido aos centros educativos de primaria para expresar e sensibilizar ao resto da cidadanía a través dun traballo en rede para visibilizar o traballo daquelas Mulleres que naceron en Cangas ou que desenvolveron o seu traballo en Cangas. Cremos que é importante que os nenos e nenas teñan unha actitude activa nesta proposta comunitaria. As Mulleres escollidas poden ser Mulleres do noso pasado histórico ou Mulleres contemporáneas e serán escollidas no propio centro. A finalidade é dar a coñecer e investigar sobre as Mulleres da nosa contorna e así poder ampliar as persoas referentes. Coas biografías entregadas ao finalizar marzo elaborarase lonas expositivas para dar a coñecer a estas Mulleres ao resto da cidadanía.

BIBLIOTECAS E LIBRARÍAS
En torno ao 8 de marzo as bibliotecas e as librarías (Wells, Maraxe e A Esmorga) terán espazos
dedicados ao Día Internacional das Mulleres e achegarán cos libros os marcapáxinas de
“Recuperando a Historia das Miñas Veciñas II”.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas