HomePontevedraPonte CaldelasDíaz adianta a convocatoria do Pleno para permitir que outro edil socialista...

Díaz adianta a convocatoria do Pleno para permitir que outro edil socialista máis poida comezar a cobrar canto antes

- Anuncio -spot_img

Convoca anticipadamente o Pleno sen contido substancial agás a entrada en vigor da nova dedicación parcial para outro concelleiro do grupo de goberno.

O Partido Popular de Ponte Caldelas considera que a única razón de adiantar a celebración do Pleno da Corporación Municipal en lugar de celebrarse o derradeiro xoves do mes de xaneiro, como lle correspondía, foi para que outro edil socialista máis poida comezar a cobrar o soldo asignado por unha dedicación parcial que lle costará aos veciños e veciñas 36.504, 27 euros anuais.

Os populares chegan a esta conclusión despois de ver como os únicos puntos a debate e votación do Pleno eran a adhesión á Rede de Entidades Locais para desenvolver o obxectivos da Axenda 2030 e a aprobación da dedicación parcial doutro novo concelleiro do PSOE.

Por outra banda, os populares volveron a acusar ao alcalde Andrés Díaz de antidemocrático e de non respectar a participación na Oposición ao comprobarse que desde que comezou esta lexislatura, hai máis de ano e medio, non se inclúen na orde do día as mocións que presenta a Oposición, non admitindo o seu debate ao tramitarse logo por urxencia e desbotando co rodillo da súa maioría absoluta a súa discusión pola Corporación.

De feito, o alcalde volveu impedir que se debatira unha moción do PPdeG con 8 puntos de axudas urxentes para hostaleiros e comerciantes que ían desde rebaixas no IBI, no pagamento do recibo da auga, alcantarillado e recollida de lixo ata a devolución da “Viñeta” para vehículos de uso comercial. E, pola contra, presentou por “sorpresa” e sen consensuar, seguindo o modelo “made in Díaz” unha del na que pide que a Xunta e a Deputación adiquen o 1% do seu orzamento a estas axudas. No caso da Deputación pídelle 1,6 millóns de euros fronte aos 10 millóns que lle solicita o Partido Popular provincial.

Pese a elo, os populares votaron A FAVOR DO SEU DEBATE e, tras coñecela, ABSTIVÉRONSE pola necesidade de analiza-la en profundidade na súa aplicación práctica.

Por outra banda, os populares votaron en contra da nova dedicación parcial para outro concelleiro socialista que converte ao Goberno de Andrés Díaz no máis caro da historia de Ponte Caldelas, duplicando ao seu antecesor no cargo e acada os 228.469 euros pasando a estar en nómina ademais do alcalde, unha concelleira e unha traballadora máis, como persoal de confianza, un novo concelleiro socialista cun custe de 36.500 euros. Ademais, deste xeito 7 dos 8 edís do PSOE recibirán compensacións económicas que o que menos percibe, ronda os 700 euros ao mes por asistencias a órganos de goberno.

Ao Grupo Municipal do PPdeG parécenlle “astronómicos” os salarios e o custe do equipo de goberno e consideran un auténtico “despilfarro” a cantidade anual que se adica ao pagamento dos concelleiros socialistas que conforman o grupo de Andrés Díaz. “Deste xeito, os veciños en lugar de pagar o salario dun alcalde, como cando gobernaba Perfecto Rodríguez, agora temos que pagar o do rexedor, dous concelleiros e persoal de confianza. Cando estaba na oposición poñía o grito no ceo dicindo que a un concello como Ponte Caldelas chegáballe co salario do alcalde e criticaba que tivera unha secretaria auxiliar que cobraba xusto a metade do que cobran agora os que traballan para Andrés Díaz”, sinalan os concelleiros do PPdeG.

Os cálculos preliminares feitos polo PPdeG fan pensar que o custe total dos políticos que conforman o equipo de goberno de Andrés Díaz acabarán costándolle aos veciños e veciñas de Ponte Caldelas, en toda a lexislatura, uns 900.000 euros se non se producen outras variacións á alza como evidencia a tónica ascendente demostrada polo alcalde desde que ten maioría absoluta.

Publicacións Relacionadas